Leopold von Ranke
Leopold von Ranke, nado en Wiehe o 21 de decembro de 1795 e finado en Berlín o 23 de maio de 1886, foi un historiador alemán, fundador da historia moderna baseada nas fontes.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Leopold von Ranke naceu en Wiehe, entón no electorado de Saxonia.[3] Foi educado na casa e no instituto de Schulpforta. Aínda sendo un neno demostrou un forte interese nas culturas clásicas, o que o levou a perfeccionar o grego e o latín.
En 1814, Ranke entrou na Universidade de Leipzig,[3] onde se concentrou en Estudos Clásicos e Teoloxía, influenciado fortemente pola igrexa luterana. En Leipzig, converteuse en experto en filoloxía e comezou a traducir textos de autores clásicos do latín.
Historiografía
[editar | editar a fonte]Influencia de Walter Scott
[editar | editar a fonte]As circunstancias que o levaron á historia foron persoais. Esperta o seu interese polas novelas históricas de Walter Scott, inventor co xénero. Scott escribiu Waverley en 1814, ao final das Guerras Napoleónicas. A historia nesta obra non é o fondo, senón a protagonista. O novelista intenta recrear o pasado, reconstruíndo o conflito entre ingleses e escoceses. Este xénero tivo éxito e foi imitado. Ranke leu estas novelas e quedou fascinado, ocorréndoselle ler cousas do pasado real para saber se o pasado fora realmente así, descubrindo que era aínda máis fascinante.
Influencia de Niebuhr
[editar | editar a fonte]A obra de Barthold Georg Niebuhr (1776-1831) inspirou a Ranke, posto que foi o inventor do que Ranke posteriormente fixo. Levou a cabo a reforma agraria en Prusia, xa que este país se atopaba nun sistema feudal e el conduciuno ata unha modernización. Barthold Georg Niebuhr é o encargado de realizala, e para a súa solución interesouse pola historia e intentou descubrir como se levou a cabo a reforma agraria romana, para logo aplicala á súa. Tamén analizou as reformas, polo que acudiu aos historiadores romanos (Tito Livio), chegando á conclusión de que este método non era fiable, polo que acudiu aos documentos contemporáneos, aplicándolles o método filolóxico.
Como consecuencia deste estudo escribiu unha historia romana, en que o primeiro que intentou foi reconstruír o que ocorreu baseándose en documentos da época, mais, aínda que non posuía as mesmas cualidades historiográficas que Niebuhr, o seu labor inaugurou o método que Ranke ía levar ao máximo esplendor en datas posteriores.
Historia historiética
[editar | editar a fonte]
En 1824 Ranke publicou Geschichten der romanischen und germanischen Völker von 1494 bis 1514.[3] Este foi o primeiro libro do tipo de historia historicista, e incluíu o programa ideolóxico desa nova historia. O contido analizaba un conflito entre a monarquía francesa e a española polos territorios de Italia; a tese de Ranke era que Europa xurdía como o conflito entre os pobos románicos e os xermánicos.
O importante do libro foi o método, o enfoque que deu ao tema. Por iso publicou un apéndice onde expuxo os seus métodos, á vez que criticou os autores anteriores que escribiran sobre esa historia, por exemplo Francesco Guicciardini, que na súa Historia de Florencia fixo algo que era insustentabe: recorrer á novela, xa que Ranke cría que había que acudir aos documentos para saber con seguridade o que ocorrera (Ranke baseouse para ese libro nos informes dos embaixadores venecianos).
Ranke obtivo un recoñecemento inmediato e foi nomeado para ocupar a cátedra da universidade de Berlín. Foi considerado como o gran mestre da historia de Alemaña e serviu como punto de referencia para todo o mundo; as súas obras completas abranguen 54 volumes e nelas fala da historia de Prusia, de Inglaterra e dos papas, mais non escribe unha historia universal. Ranke levou a cabo un ensino partindo do método dos seminarios, en que adoutrinou historiadores que traballaban xuntos baixo o mestrado de Ranke. Era para a mentalidade epistemolóxica da época en Alemaña un centro obrigado de formación histórica.
Postulados de Ranke
[editar | editar a fonte]Non debe existir unha teoría histórica, con esquemas previos que impoña sobre o pasado, como se facía anteriormente. Ranke di que sexa o pasado o que fale, o historiador non ten boca. Pon de manifesto un método: o filolóxico, que consiste no recurso aos documentos.
A súa historia ten un compoñente relixioso. Ranke foi un home ao que lle interesaba a historia porque cría que era un vehículo para atopar a Deus (consideraba que tiña unha presenza na historia ao xeito cristián, que dese sentido a esta).[4] Entendéndose como pai da historiografía científica.
Obra
[editar | editar a fonte]Ranke puxo énfase na narración histórica, introducindo ideas como a confianza en fontes primarias, unha énfase na historia narrativa e especialmente política e internacional (Aussenpolitik), e un compromiso para escribir historia "como realmente foi" (wie es eigentlich gewesen ist).
Comezando co seu primeiro libro, a Geschichten der romanischen und germanischen Völker von 1494 bis 1514, Ranke fixo un uso extraordinariamente amplo de fontes para un historiador da época, incluíndo "memorias, diarios, cartas, as expedicións diplomáticas e de testemuños de primeira man de testemuñas oculares". Neste sentido apoiouse nas tradicións da filoloxía, mais deu énfase a documentos mundanos en lugar da literatura vella e exótica.
En 1834-36 publicou Die römischen Päpste ("Os papas de Roma"),[5] un valioso estudo do papado e os seus representantes na Idade Moderna, dende o século XV á primeira metade do XIX. Considerada en extremo crítica e substancialmente escéptica, foi contestada amplamente dende a historiografía católica do momento, en especial polo historiador Ludwig von Pastor e a súa monumental Geschichte der Päpste seit dem Ausgang des Mittelalters ("Historia dos Papas dende finais da idade media").
No centro do seu método, Ranke non creu nas teorías xerais que puidesen cortar o tempo e o espazo. En cambio, falou de que a aproximación ao tempo histórico se facía mediante fontes primarias.
- Bibliografía seleccionada
- Geschichten der romanischen und germanischen Völker von 1494 bis 1514 ("Historias dos pobos románicos e xermánicos de 1494 a 1514", 1824)
- Serbische Revolution ("A revolución serbia", 1829)
- Fürsten und Völker von Süd-Europa im sechzehnten und siebzehnten Jahrhundert ("Príncipes e pobo do sur de Europa nos séculox XVI E XVII")[6]
- Die römischen Päpste in den letzen vier Jahrhunderten ("Os papas de Roma nos últimos catro séculos", 1834–1836)
- Neun Bücher preussischer Geschichte ("Historia de Prusia", 1847–1848)
- Französische Geschichte, vornehmlich im sechzehnten und siebzehnten Jahrhundert ("Historia de Francia nos séculos XVI e XVII", 1852–1861)
- Die deutschen Mächte und der Fürstenbund ("Os poderes alemáns e a liga dos príncipes", 1871–1872)
- Ursprung und Beginn der Revolutionskriege 1791 und 1792 ("Orixe e comezo das guerras revolucionarias de 1791 e 1792", 1875)
- Hardenberg und die Geschichte des preussischen Staates von 1793 bis 1813 ("Hardenberg e a historia do estado prusiano de 1793 a 1813", 1877)
- Weltgeschichte - Die Römische Republik und ihre Weltherrschaft ("Historia do mundo: A república romana e o seu dominio mundial", 2 volumes, 1886)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fritz Stern (ed.), The Varieties of History, Vintage, 1973, p. 54: "Leopold von Ranke (1795–1886) is the father as well as the master of modern historical scholarship."
- ↑ Green and Troup (eds.), The Houses of History, p. 2: "Leopold von Ranke was instrumental in establishing professional standards for historical training at the University of Berlin between 1824 and 1871."
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Ranke, Leopold von". Encyclopædia Britannica 23 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). pp. 893–894.
- ↑ Andreas D. Boldt, The Life and Work of the German Historian Leopold von Ranke (1795–1886): An Assessment of His Achievements (2015)
- ↑ Boldt, The Life and Work of the German Historian Leopold von Ranke (1795–1886) (2015)
- ↑ "Turkey," The North American Review, Vol. XXXI, 1830.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leopold von Ranke ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boldt, Andreas D. The Life and Work of the German Historian Leopold von Ranke (1795–1886): An Assessment of His Achievements (Edwin Mellen Press, 2015). 372pp
- Bourne, Edward Gaylord (1896). "Leopold Von Ranke." The Sewanee Review, Vol. 4, No. 4, pp. 385–401.
- Bourne, Edward Gaylord (1901). "Ranke and the Beginning of the Seminary Method in Teaching History." In: Essays in Historical Criticism. Nova York: Charles Scribner's Sons, pp. 265–274.
- Dalberg-Acton, John Emerich Edward (1907). "German Schools of History." In: Historical Essays and Studies. Londres: Macmillan & Co.
- Evans, Richard (2000). In Defence of History (Revised ed.). Londres: Granta Books. pp. 256. ISBN 978-1-86207-395-1.
- Farrenkopf, John (1991). "The Challenge of Spenglerian Pessimism to Ranke and Political Realism," Review of International Studies, Vol. 17, No. 3, pp. 267–284.
- Fitzsimons, M. A. (1980). "Ranke: History as Worship," The Review of Politics, Vol. 42, No. 4, pp. 533–555.
- Gay, Peter (1974). Style In History. New York: McGraw-Hall. p. 256. ISBN 0-393-30558-9.
- Geyl, Pieter (1958). Debates with Historians. Nova York: Meridian. pp. 287.
- Gilbert, Felix (1986). "Leopold von Ranke and the American Philosophical Society," Proceedings of the American Philosophical Society, Vol. 130, No. 3, pp. 362–366.
- Gilbert, Felix (1987). "Historiography: What Ranke Meant," The American Scholar, Vol. 56, No. 3, pp. 393–397.
- Gilbert, Felix (1990). History: Politics or Culture? Reflections on Ranke and Burckhardt. Princeton, NJ: Princeton University Press. p. 109. ISBN 0-691-03163-0.
- Gooch, G.P. (1913). History and Historians in the Nineteenth Century. Londres: Longman's, Green & Co. p. 547.
- Green, Anna; Troup, Kathleen, eds. (1999). The Houses of History: A Critical Reader in Twentieth-Century History and Theory. Manchester University Press. p. 338. ISBN 978-0-7190-5255-2.
- Guilland, Antoine (1915). "Leopold von Ranke." en: Modern Germany and her Historians. Nova York: McBride, Nast & Company, pp. 68–119.
- Iggers, Georg (1962). "The Image of Ranke in American and German Historical Thought," History and Theory, Vol. 2, No. 1, pp. 17–40.
- Iggers, Georg; Powell, J.M., eds. (1990). Leopold von Ranke and the Shaping of the Historical Discipline. Syracuse, NY: Syracuse University Press. p. 223. ISBN 0-8156-2469-7.
- Krieger, Leonard (1975). "Elements of Early Historicism: Experience, Theory, and History in Ranke," History and Theory, Vol. 14, No. 4, pp. 1–14.
- Krieger, Leonard (1977). Ranke: The Meaning of History. Chicago, IL: University of Chicago Press. pp. 402. ISBN 0-226-45349-9.
- Laue, Theodore von (1950). Leopold von Ranke, the Formative Years. Princeton, NJ: Princeton University Press. p. 230.
- Lincoln, John Larkin (1894). "The Historian Leopold von Ranke," In Memorian: John Larkin Lincoln. Boston e Nova York: Houghton, Mifflin & Company, pp. 568–584.
- Novick, Peter (1988). That Noble Dream: the 'Objectivity' Question and the American Historical Profession. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 648. ISBN 0-521-35745-4.
- Price, William (1897). "A Contribution toward a Bibliography of Leopold von Ranke," Annual Report of the American Historical Association, Vol. I, pp. 1265–1274.
- Ranke, Leopold von (1973). Georg Iggers & Konrad von Moltke, ed. The Theory and Practice of History. Indianapolis, IN: Bobbs-Merril. pp. 514. ISBN 0-672-51673-X.
- Rüsen, Jörn (1990). "Rhetoric and Aesthetics of History: Leopold von Ranke," History and Theory, Vol. 29, No. 2, pp. 190–204.
- Schevill, Ferdinand (1952). "Ranke: Rise, Decline, and Persistence of a Reputation," The Journal of Modern History, Vol. 24, No. 3, pp. 219–234.
- Stern, Fritz, ed. (1973). The Varieties of History: From Voltaire to the Present (2nd ed.). Nova York: Vintage Books. pp. 528. ISBN 0-394-71962-X.
- White, Hayden (1973). Metahistory. Baltimore, MD: Johns Hopkins University Press. p. 448. ISBN 0-8018-1761-7.
- Williams, H. S. (1907). The historians' history of the world. Volume XV (ed., this volume covers Leopold von Ranke on page 633.)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Leopold von Ranke, da Universidade Humboldt de Berlín
- Leopold von Ranke historicism, da páxina web "Age of the Sage"
- Artigos de Leopold von Ranke na Universidade de Syracuse; biblioteca persoal de Ranke, con moitas obras de autores menos coñecidos sobre historia, política e literatura dos séculos XVI ao XIX, tamén doada ao departamento de libros raros da universidade
- Obras de Leopold von Ranke en Hathi Trust
- Obras de Leopold von Ranke en Europeana
- Geschichte der romanischen und germanischen Völker von 1494 bis 1514, de Leopold von Ranke en Internet Archive
- Biography of Ranke, 1901 por William Robinson Clark