Leonid Kuchma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leonid Kuchma
Leonid Kuchma.jpg
Nacemento9 de agosto de 1938
 Chaikine
NacionalidadeUnión Soviética e Ucraína
RelixiónIgrexa ortodoxa
Alma máterOles Honchar Dnipro National University
Ocupaciónpolítico e enxeñeiro
CónxuxeLyudmyla Kuchma
FillosOlena Pinchuk
PremiosOrde da Aguia Branca, State Prize of Ukraine in Science and Technology, Order "For Merit to the Fatherland" I class, Order of the Republic, Honorary citizens of Yerevan, Bandeira Vermella do Traballo, Order of the Star of Romania, sen etiquetar, Premio Lenin, great-cross of the Order of Vytautas the Great, Grand Cross of the Order of Grand Duke Gediminas, Order of the Golden Eagle, Grande-Colar da Ordem do Infante D. Henrique, Decoration of the Order of Civil Merit, Grand Star of the Decoration for Services to the Republic of Austria, Knight Grand Cross with Collar of the Order of Merit of the Italian Republic, sen etiquetar, sen etiquetar, Medalla de Astana, Honorary citizen of Kryvyi Rih e honorary doctor of the China Foreign Affairs University
Leonid Kuchma Signature 1996.png
editar datos en Wikidata ]

Leonid Danylovych Kuchma (ucraíno: Леоні́д Дани́лович Ку́чма), nado en Chaikine (Chernihiv) o 9 de agosto de 1938 é un político ucraíno que foi o presidente de Ucraína entre o 19 de xullo de 1994 e o 23 de xaneiro de 2005. Kucham asumiu o posto tras gañar as eleccións presidenciais de 1994 contra o seu rival, Leonid Kravchuk. Kuchma foi reelixido para outro mandato de cinco anos en 1999.

A súa presidencia foi rodeada por numerosos escándalos de corrupción e a redución da liberdade dos medios. A corrupción aumentou trala elección de Kuchma en 1994, mais en 2000–2001, o seu poder comezou a debilitarse a pesar da publicidade dos medios.[1]

Coa súa vixilancia, a economía de Ucraína continuou a declinar ata 1999, mentres que creceu dende 2000, levando unha certa prosperidade a algúns segmentos dos residentes nas cidades. Durante a súa presidencia, as relacións entre Rusia e Ucraína comezaron a mellorar.[2]

Tras unha carreira de éxito na industria da construción de máquinas na Unión Soviética, Kuchma iniciou a súa carreira política en 1999, cando foi elixido para a Rada Suprema (parlamento ucraíno). Foi reelixido en 1994.[3] Actuou como primeiro ministro de Ucraína entre outubro de 1992 e setembro de 1993.[3]

Entre xullo de 2014 e outubro de 2018 foi representante presidencial especial de Ucraína nas conversas de paz semioficiais sobre a guerra de Donbass.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kuchma estudou na Universidade de Dnipropetrovsk, licenciándose en enxeñaría de foguetes. Foi enxeñeiro no Cosmódromo de Baikonur, así como membro do Partido Comunista da Unión Soviética. Tivo un importante papel nos programas de mísiles estratéxicos e foguetes espaciais como executivo da compañía industrial "Yuzmash" de Dnipropetrovsk. Dende 1990 a 1992 foi membro da Rada Suprema de Kiev e pertenceu ao Comité de Defensa e Seguridade do Estado. Foi nomeado Primeiro Ministro de Ucraína en 1992.

Deixou o seu posto en setembro de 1993 para presentarse como candidato á presidencia do país en 1994, sendo reelixido en 1999.

A oposición acusouno de estar relacionado co asasinato en 2000 do xornalista Georgiy Gongadze e houbo protestas nos anos 2000-2001 baixo o lema "Ucraína sen Kuchma".[4][5][6]

Tamén foi criticado polas súas restricións á liberdade de prensa, aplicando a censura a toda crítica.[7][8] A campaña de Kuchma contra a prensa foi tal que en 2001 o Comité para a Protección dos Xornalistas (CPX) considerou a Kuchma un dos dez peores inimigos da prensa ese ano, xunto a outros líderes como Fidel Castro, Vladimir Putin e o aiatolá Ali Khamenei.[9]

O seu primeiro ministro trala destitución de Anatoli Kinaj en 2002 foi Viktor Yanukovich.

Baixo Constitución de Ucraína, Kuchma deixou a presidencia en outubro de 2004, por non poder ser reelixido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adrian Karatnycky, "Ukraine's Orange Revolution," Foreign Affairs, Vol. 84, No. 2 (Mar. – Apr., 2005), pp. 35–52 in JSTOR
  2. Robert S. Kravchuk, "Kuchma as Economic Reformer," Problems of Post-Communism Vol. 52#5 September–October 2005, pp 48–58
  3. 3,0 3,1 "Profile: Leonid Kuchma". BBC. 26 de setembro de 2002. 
  4. El asesinato que estremeció a una nación
  5. ¿El fin de Ucrania? (en castelán)
  6. Leonid Kuchma (en castelán)
  7. Leonid Kuchma. Deterioro de la calidad democrática del régimen y auge de los clanes político-empresariales
  8. "Opinión y Análisis - Grave crisis política en Ucrania" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 5 de abril de 2008. Consultado o 3 de febreiro de 2008. 
  9. CPJ nombra a 10 enemigos de la prensa en el Día Mundial de la Libertad de Prensa (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Åslund, Anders, and Michael McFaul.Revolution in Orange: The Origins of Ukraine's Democratic Breakthrough. (2006)
  • Aslund, Anders. How Ukraine Became a Market Economy and Democracy. (2009)
  • Birch, Sarah. Elections and Democratization in Ukraine. (2000) online edition
  • Kubicek, Paul. The History of Ukraine. (2008) excerpt and text search
  • Kuzio, Taras. Ukraine: State and Nation Building (1998) online edition
  • Sochor, Zenovia A. "Political Culture and Foreign Policy: Elections in Ukraine 1994." in: Tismăneanu, Vladmir (ed.). 1995. Political Culture and Civil Society in Russia and the New States of Eurasia. (1994) ISBN 1-56324-364-4. pp. 208–224.
  • Whitmore, Sarah. State Building in Ukraine: The Ukrainian Parliament, 1990–2003. Routledge, 2004 online edition
  • Wilson, Andrew. Ukraine's Orange Revolution. (2005)
  • Wilson, Andrew. The Ukrainians: Unexpected Nation. 2nd ed. 2002; online excerpts at Amazon
  • Wolczuk, Roman. Ukraine's Foreign and Security Policy 1991–2000. (2002) excerpt and text search
  • Zon, Hans van. The Political Economy of Independent Ukraine. 2000 online edition

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Valentyn Symonenko
Lesser Coat of Arms of Ukraine.svg
Primeiro ministro de Ucraína

1992-1993
Sucesor:
Yukhym Zvyahilsky
(interino)
Predecesor:
Leonid Kravchuk
Lesser Coat of Arms of Ukraine.svg
Presidente de Ucraína

2010-2014
Sucesor:
Viktor Yushchenko