Lencería
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2015) |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2015.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Baixo o nome de lencería coñécense as tendencias eróticas fetichistas que apetecen á visión, tacto, deglutición... deste tipo de pezas interiores e íntimas (apertadores, bragas, ligas, calzóns, calcillas, tangas).
A súa principal función consiste en mostrar unha estética a persoa, tamén a hixiene, e a de conservar a calor. Ás veces, a función estética só queda en calidade de primaria, pero termina formando parte do fetichismo.
Este fetichismo pola lencería pode responder aos seguintes tipos:
- Pracer a través da observación, o tacto etc. de pezas de lencería.
- Pracer a través da observación, o tacto etc., de persoas comprando ou vestindo pezas de lencería. Dependendo da orientación sexual da persoa, preferiranse persoas dun mesmo sexo ou doutro.
- Pracer ao vestir un mesmo as pezas de lencería. Ao tratarse de homes que atopan pracer en vestir con roupas femininas, fálase de "travestismo fetichista".
No mundo erótico e pornográfico, a lencería é a característica propia do punto 2 antes sinalado, pensada para a diversión dos homes que gozan vendo señoras con roupas interiores. Cando se realiza unha procura de publicacións ou páxinas web, o máis frecuente é atopar imaxes de damas exhibindo os seus corpos vestindo atrevidas picardías, ligas e pezas similares.
En moitas ocasións o fetichismo polas pezas interiores inclínase cara a pezas que xa foron estreadas pola persoa amada, ou sexualmente atractiva. Coñecido é o caso de fetichismo por lencería sucia, como poden ser suxeitos capaces de ter un orgasmo cheirando bragas sucias por ouriños.
En países onde está prohibida a difusión de erotismo e pornografía polas leis ou costumes, xa sexa en forma de imaxes por exemplo, teñen moita fama os catálogos de lencería, que na maioría dos casos son "unhas tapadeiras" para presentar modelos en poses provocativas e distintos graos de nudez. Adoitan enviarse por correo, a cobro revertido, e de xeito discreto sen identificar o contido. Así, no caso de ser descuberto, sempre queda a escusa de que se trata dun catálogo pero non dunha revista evidentemente pornográfica.
Entre os homes homosexuais, a inclinación máis frecuente polas roupas interiores aparece baixo o nome de "underpants" (calzóns) ou algunha das súas especialidades "boxer" ou "tanga".
Moitas das pezas interiores deixa ver ou mostra de forma explícita máis do que cobre. Este é un dos seus principais encantos que ata pode levar á excitación coa soa observación.
Léxico e tipoloxía[editar | editar a fonte]
A continuación acompáñase unha lista de términos básicos de lencería feminina (pezas de roupa, técnicas, etc.);
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Quevedo, Gladys (2005). Lencería e Corsetería. Editorial Utilísima Multimedios ISBN 987-1143-87-7
- De Torres, Elena. Lencería de pel. Rialla editores, S.A. ISBN 84-95521-22-9
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Lenceria e sedución a lenceria e historia social
- Roupa, medias e lenceria : moda