Fetichismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A consideración dos pés coma obxecto do fetichismo é unha das prácticas máis comúns e coñecidas

O fetichismo, no plano relixioso, é unha crenza que atribúe a certos obxectos (tales como amuletos) poderes máxicos ou sobrenaturais que protexen ás persoas das forzas naturais adversas; no plano sexual é unha parafilia que consiste na focalización do interese sexual nalgunha parte do corpo ou nun obxecto inanimado.[1]

Fetichismo sexual[editar | editar a fonte]

O fetichismo sexual caracterízase por situar o interese erótico en obxectos pouco ou nada axeitados para a realización se actos sexuais xenitais. Trátase de obxectos inanimados que están en visible relación coa persoa sexual máis que co acto sexual. Esta condición de obxecto substitutivo levou a Freud a enunciar a hipótese de que todo obxecto conscientemente sexual é xa o resultado dunha substitución. Freud clasifica o fetichismo entre as desviacións relativas ao fin sexual, e máis concretamente entre as que supoñen unha fixación como fin sexual de aquilo que segundo a xenitalidade só é preliminar.[2]

O fetichismo sexual considérase unha práctica inofensiva, agás no caso de que provoque malestar clinicamente significativo ou problemas á persoa que o padece ou a terceiros, podendo neste caso chegar a considerarse un trastorno patolóxico.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fetichismo