Tanga
![]() | Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
O tanga é unha peza de roupa interior que substitúe á braga ou calzón, cuxa parte traseira vai dunha delgada corda ata unha tira dun a dous centímetros, que se une á cintura a través dun triángulo ou dun T, deixando ao descuberto ambas nádegas.
Descrición[editar | editar a fonte]
Consiste nunha peza estreita de tea, coiro ou satén que cobre ou sostén os xenitais, pasa entre as nádegas, e únese a unha pretina ao redor das cadeiras medante un simple cordón (tanga fío dental). Unha tanga pode ser usada por homes e mulleres. Tamén se pode usar como traxe de baño, onde pode servir como parte inferior do bikini, pero pódese usar só como un monokini ou traxe de baño en topless. Os tangas tamén poden ser usados por bailarines Strippers ou gogós. Como roupa interior, pódese usar unha tanga en lugar de bragas para evitar a creación dunha liña de braga visible, ou slips para mellorar o atractivo sexual.
O tanga brasileiro é outro tipo intermedio que cobre un pouco máis que o tanga e menos que a braga. Estes son os dous tipos principais de tangas dos cales existen multitude de variantes e estilos.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
A versión máis estendida é que procede do nome da peza triangular, elaborada con fibras vexetais, que as indíxenas tupí brasileiras colocábanse para taparse a zona xenital, aínda que hai outras versións máis dubidosas que apuntan a unha orixe africana e unha abreviatura de Tanganica, pois alí os homes e as mulleres tamén utilizaban unha peza similar.[1].
Historia[editar | editar a fonte]
En moitas culturas lévanse usando desde antigo pezas similares como o taparrabos ou o fundoshi. Foi reinventada no Brasil polo xenovés Carlos Ficcardi en 1974, e comezada a comercializar polo deseñador Rudi Gerneich que a puxo de moda escandalizando a algúns países.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Revista Muy Interesante, Verano 2007, pag 58.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tanga ![]() |