Leïla Slimani
Leila Slimani, nada en Rabat, Marrocos, o 3 de outubro de 1981, é unha xornalista e escritora francomarroquí de nai francoarxelina e de pai marroquí. A súa segunda novela, Chanson douce, foi galardoada co Premio Goncourt en 2016.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Leila Slimani, alumna do Liceo francés de Rabat, creceu nunha familia de fala francesa. O seu pai, Othman Slimani, é banqueiro, a súa nai é médica ORL, medio alsaciana, medio marroquí. En 1999, marchou a París, onde se diplomou no Instituto de Estudos Políticos de París. Tentou converterse en actriz de teatro (Cours Florent) e decidiu completar os seus estudos no ESCP Europe Business School, cunha formación para os medios. Christophe Barbier, padriño da súa promoción, ofrécelle unha estancia en L'Express.[3]
En Éditions Gallimard fixo un curso de creación literaria con Jean-Martin Laclavetine como titor.
Finalmente, entrou na revista Jeune Afrique en 2008, onde tratou os temas relacionados co norte de África. En 2012, deixou a redacción de Jeune Afrique para dedicarse á escritura, aínda que seguiu traballando pola súa conta para a revista.
En 2014, publicou a súa primeira novela en Éditions Gallimard, Dans le jardin de l’ogre, adquirida por unha produtora (Huffpost), para unha adaptación cinematográfica. O tema, a adicción sexual feminina, e a literatura, son destacados pola crítica e a obra foi seleccionada como unha do cinco finalistas do Premio de Flore, de París. A novela vendeu 15.000 exemplares en Marrocos.[4] En 2015, esta novela recibiu o 6º Premio Literario da Mamounia, outorgado a un autor marroquí en lingua francesa, e foi a primeira muller en recibilo.[5]
A súa segunda novela, Chanson douce, obtivo o Premio Goncourt en 2016. Nela trátanse temas pouco presentes na literatura, da maternidade, do embarazo, da crianza.[4]
Na segunda volta das eleccións presidenciais de Francia en 2017 apoiou xunto a un grupo de personalidades da sociedade civil a Emmanuel Macron para bloquear a Marine Le Pen.[6] O mesmo ano recibiu o premio "Out" de ouro pola súa condena á penalización da homosexualidade en Marrocos e ao control do corpo das mulleres.[7]
Obra
[editar | editar a fonte]- La Baie de Dakhla: itinérance enchantée entre mer et désert, Malika Éditions, Casablanca, 2013, 200 p.
- Dans le jardin de l’ogre, éditions Gallimard, coll. « Blanche », 2014, 224 p. ISBN 978-2-07-014623-9.
- Chanson douce, éditions Gallimard, coll. « Blanche », 2016, 240 p. ISBN 978-2-07-019667-8.
- Le diable est dans les détails, éditions de l'Aube, 2016, 64 p. (ISBN 978-2-8159-2144-2)
- Sexe et mensonges: La Vie sexuelle au Maroc (French Edition) 2017, 192 p. (ISBN 978-2-35-204568-7).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La voz fresca de las letras francesas". La Vanguardia. 19 de novembro de 2016. Consultado o 20 de novembro de 2016.
- ↑ "Leila Slimani gana el Goncourt con la historia de un infanticidio". El Periódico. 3 de novembro de 2016. Consultado o 20 de novembro de 2016.
- ↑ "“Dans le jardin de l’ogre” de Leila Slimani bientôt sur grand écran". Libération. 30 de setembro de 2025. Consultado o 20 de novembro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "Leila Slimani: “La maternidad es una cuestión política”". 28 de maio de 2017. Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ "Le prix littéraire de La Mamounia 2015 va à Leila Slimani pour Le Jardin de l’Ogre". Telquel.ma. 19 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2016. Consultado o 20 de novembro de 2016.
- ↑ "Présidentielle 2017 : 32 personnalités s'engagent pour le second tour". leparisien.fr. 2017-04-28. Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ Perraudeau, Mélissa (30 de xuño de 2017). "Les premiers Out d'or ont été décernés lors d'une cérémonie forte et inspirante". Konbini France (en francés). Consultado o 26 de agosto de 2017.