Adicción sexual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A adicción ó sexo, tamén chamada compulsión sexual ou sexolismo, considérase unha forma de adicción psicolóxica. Non hai acordo na comunidade médica se existe ou non. A conduta dos adictos ó sexo é comparable á dos alcohólicos e adictos, e nela o sexo funciona como unha droga.

A definición común de alcoholismo é que unha persoa ten unha relación patolóxica con esta droga que altera a percepción da realidade. Proporciona un cambio rápido do estado de ánimo e funciona cada vez que se acode á mesma, perdendo o adicto o control da súa conduta. Como no caso dos alcohólicos, a vida do adicto ó sexo xira arredor do seu desexo constante pola súa droga que é o sexo.

Síntomas[editar | editar a fonte]

Schneider,[1] identificou tres indicadores da adicción ó sexo, que son a compulsividade, a continuación destas condutas a pesar das consecuencias e a obsesión.

A compulsividade[editar | editar a fonte]

Perda da posibilidade de elixir libremente se deter ou continuar a conduta.[2].

A continuación destas condutas a pesar das consecuencias[editar | editar a fonte]

Cando os adictos chegan a certos extremos, pode a adicción causarlles efectos negativos nas súas vidas. Afástanse da vida familiar para procuraren actividades sexuais. Este afastamento pode facer que non atendan debidamente ós seus fillos ou que sexan abandonados polas súas parellas. Os adictos corren o perigo de perder diñeiro, o seu matrimonio, a súa familia e a súa carreira para satisfacer os seus desexos sexuais.[3] A pesar destas consecuencias negativas seguen a practicar as mesmas condutas.

A obsesión[editar | editar a fonte]

Dáse cando non poden evitar cismar nun determinado pensamento. Os adictos ó sexo pasan os días consumidos por pensamentos sexuais. Desenvolven fantasías elaboradas, atopan novos xeitos de obter sexo e lembran a miúdo experiencias pasadas. Como as súas mentes están tan ocupadas por estes pensamentos, descoidan outras áreas das súas vidas ás que teñen a obriga de lles prestar atención.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (1994, p.19-44)
  2. (Carnes, Delmonico and Griffin, 2001, p. 18)
  3. (Arterburn, 1991, p.123)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Hai moitas organizacións de autoaxuda que se dedican á recuperación desta adicción ou compulsión. Están baseadas no programa de *Alcohólicos Anónimos.