Lapa de Gargantáns
Coordenadas: 42°34′11″N 08°34′58″O / 42.56972, -8.58278
A Lapa de Gargantáns é un menhir datado no neolítico, situada na parroquia de Gargantáns, no concello de Moraña.
Características[editar | editar a fonte]
Ten 192 cm de altura e 50 de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpenteantes.
Permaneceu tirada no chan durante algúns meses e foi levantada por arqueólogos do Museo de Pontevedra.
Cumpría a función de pedra de termo entre as parroquias de Gargantáns e Santa Xusta de Moraña. O concello de Moraña adoptouno como peza ilustrativa no escudo do concello.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.