La Voz del Obrero (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Voz del Obrero (A Coruña)

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeA Coruña
ISSN2660-194X
Na rede
HemBNE: 68415764
editar datos en Wikidata ]

La Voz del Obrero foi un periódico editado na Coruña entre 1910 e 1920.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 1 de abril de 1910.[1] Periódico anarcosindicalista, foi voceiro das sociedades de resistencia integradas na Federación Local Obrera da Coruña. O seu primeiro director foi Esteban Fernández Temprano e en 1920 o director era David Díaz Rodríguez. De periodicidade irregular, foi suspendido varios meses pola folga xeral de 1917. Os seus redactores foron Juan Nó Iglesias, José Creo Liste, Enrique Taboada Chas, José Suárez Duque (con crónicas dende París asinadas como Celso Dotet) e Luis Plaza Rey (con crónicas dende Lisboa). Tamén colaboraron os mestres Constancio Romeo e Joaquín Patricio Patiño. Publicou artigos de notorios libertarios como Tárrida del Mármol, Marcelino Suárez e José Negre. Foi suspendido en xaneiro de 1920 e continuado por Solidaridad Obrera.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Noroeste, 2-4-1910, p. 2 .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]