José Creo Liste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Creo Liste
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xuño de 1920 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Creo Liste, nado en 1884 e finado na Coruña o 2 de xuño de 1920, foi un carpinteiro e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpinteiro de oficio, militante anarcosindicalista. Foi un dos fundadores da Sociedad de Camareros Marítimos La Cosmopolita (1905) e participou no grupo editor do periódico La Acción (1908). Foi directivo do Centro de Estudios Sociales Germinal. Foi desterrado a Arzúa en 1910; despois marchou a Cuba, retornando en 1911. Foi secretario da Sociedade de Camareros e presidente da Sociedade de Camareros Marítimos (1913), presidente da Sociedad de profesiones varias (1914) e secretario da Sociedad de carpinteiros (1916). Foi desterrado a Baltanás polo paro xeral de 1919 en solidariedade coa folga de La Canadiense. Colaborou en La Voz del Obrero. Finou na Coruña o 2 de xuño de 1920.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Teresa Guilabert Bargueiras en 1913.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Riña sangrienta" en El Compostelano, 4-6-1920, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]