Enrique Taboada Chas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnrique Taboada Chas
Biografía
Nacemento1870 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de decembro de 1933 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Enrique Taboada Chas, nado na Coruña en 1870 e finado na mesma cidade o 18 de decembro de 1933[1], foi un sindicalista e militante anarquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como augadeiro na cadea da Coruña, e foi fundador e presidente da sociedade de resistencia do seu oficio, polo que foi encadeado en 1901. Formou parte das directivas de Germinal e da coral Unión y Libertad. Rexentou o quiosque El Sol para a venda da produción editorial libertaria e desempeñou diversos oficios. Traballou como camareiro marítimo nos buques da Mala Real Inglesa e foi directivo da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítimos La Cosmopolita. Promoveu a Biblioteca El Sol, a La Internacional e a Biblioteca Aurora nas que editou folletos de diversos autores. Fundou o periódico Cultura Libertaria. Foi sometido a Consello de guerra pola folga xeral de 1917. Continuou colaborando con Solidaridad Obrera e co Ateneo Libertario Nueva era, do que foi fundador.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Sánchez Pérez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 19-12-1933, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]