Saltar ao contido

Juan Nó Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Nó Iglesias
Biografía
Nacemento1883 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de marzo de 1920 Editar o valor en Wikidata (36/37 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntipógrafo, sindicalista Editar o valor en Wikidata

Juan Nó Iglesias, nado na Coruña en 1883 e finado na mesma cidade o 8 de marzo de 1920, foi un tipógrafo e sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Alternou o traballo sindical e a actividade xornalística na prensa obreira coa presenza na directiva do Centro de Estudios Sociales Germinal e a xestión da Tipografía Obrera. Foi membro do Comité da Federación de Sociedades Obreras da Región Española (1905) e do grupo anarquista Solidaridad Internacional. En 1913 fundou con Enrique Taboada Chas o grupo anarquista ferrolán 13 de Octubre, o periódico Cultura Libertaria e a Biblioteca La Internacional. Entre 1912 e 1917 encabezou a Federación Local Obrera e presidiu a sociedade de mariñeiros El Despertar Marítimo e as de panadeiros, tipógrafos, camareiros e cociñeiros marítimos. Participou nas folgas de 1916 e 1917 polo que estivo recluído no Castelo de San Antón onde contraeu tuberculose. En 1918 foi o guía do grupo da CNT en xira propagandista por Galicia. En 1919, xa gravemente enfermo, foi deportado a Baltanás polo paro xeral en solidariedade coa folga de La Canadiense.

Colaborou en El Corsario, Germinal, La Acción, Cultura Libertaria e La Voz del Obrero.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]