Joaquín Patricio Patiño
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Joaquín Patricio Patiño foi un sindicalista, mestre racionalista e librepensador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro da agrupación socialista da Coruña en 1911, presidiu en 1913 a Sociedad de Profesiones Varias e participou no Centro de Estudios Sociales Germinal. De 1913 a 1914 dirixiu a escola racionalista Escuela Integral e de 1914 a 1917 a denominada La Luz. Foi colaborador habitual de La Voz del Obrero. Pasou un tempo recluído no manicomio de Conxo, de onde saíu grazas ás presións de Germinal. Foi o representante dos librepensadores coruñeses no mitin anticlerical de 1917. Instalou un quiosco na Coruña en 1918[1]. A comezos da República rexentaba unha academia na rúa da Falperra.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. p. 191. ISBN 84-87783-79-1.