José Suárez Duque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Suárez Duque
Nacemento1872
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento17 de setembro de 1923
Lugar de falecementoA Coruña
Causatuberculose
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, sindicalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

José Suárez Duque, nado na Coruña en 1872 e finado na mesma cidade o 17 de setembro de 1923, foi un sindicalista, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpinteiro de ideario anarcosindicalista, foi membro da directiva da Sociedad de Obreros Carpinteros La Emancipación dende a súa creación en 1895. Un dos cadros máis sinalados da Federación Sindical Obrera, participou nun mitin de controversia co socialista José Rodríguez en 1901. Implicado no asasinato do presidente da patronal coruñesa (1906), trasladouse a Xixón, onde coñeceu a Ricardo Mella e Eleuterio Quintanilla e dirixiu o periódico Tiempos Nuevos. Despois marchou a Francia desde onde enviou crónicas a La Voz del Obrero asinadas co pseudónimo Celso Dotet. Representou ao anarcosindicalismo coruñés no Congreso Sindical de Londres (1913) e na Conferencia Nacional Anarquista de Barcelona (1918). Retornado a Coruña en 1920, foi elixido secretario da Confederación Rexional Galaica constituída o 21 de agosto de 1922 no Salón "Ideal Cinema" de Vigo. Dirixiu Solidaridad Obrera, o voceiro da CRG. Faleceu de tuberculose un ano despois.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Una sociedad que muere, 1901 (teatro).
  • La muerte de un partido, 1913.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]