Luis Plaza Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Plaza Rey
Biografía
Nacemento1878 Editar o valor em Wikidata (145/146 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónebanista , sindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Luis Plaza Rey, nado en Santiago de Compostela en 1878, foi un ebanista e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ebanista de ideario anarquista, empregado no obradoiro de Jesús Landeira, foi con José Pasín Romero un dos líderes da Sociedad de Carpinteros y Ebanistas de Compostela a finais do século XIX. Emigrou a Lisboa a principios de século XX, onde instalou un obradoiro de ebanistería e casou en 1905.[1] Organizou o Centro de Sociedades Obreras en Vigo e en novembro de 1910 asistiu ao Congreso fundacional da CNT en Barcelona como delegado de tres sociedades de resistencia viguesas. En marzo de 1911, xunto con Juan Nó, foi un dos fundadores da Federación Sindical Solidaridad Obrera de Galicia. Volveu a Lisboa, foi detido e estivo preso en 1912.[2] Despois exerceu como director dun periódico anarquista. Desde Lisboa enviou colaboracións a La Voz del Obrero.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticiero de Vigo, 2-12-1905, p. 1.
  2. El Regional, 9-2-1912, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]