O Cantar de Roldán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "La Chanson de Roland")
Oito escenas de La Chanson de Roland.

O Cantar de Roldán é un poema épico medieval en francés antigo, sendo o cantar de xesta escrito en lingua romance máis antigo, co título orixinal de La Chanson de Roland. Foi traducido ao galego por Camilo Flores, publicado pola Xunta de Galicia en 1989.</ref>.

O primeiro manuscrito escrito coñecido da obra é o Manuscrito de Oxford escrito en anglo-normando cara a 1170. Consta de 4.002 versos decasílabos, distribuídos en 291 estrofas de desigual lonxitude chamadas tiradas (laisses). Este manuscrito atribúese a un monxe normando, Turoldo, cuxo nome aparece no último verso (Ci falt la geste que Turoldus declinet).

Cantares de xesta[editar | editar a fonte]

Os cantares de xesta eran poemas destinados a ser recitados en público por trobadores. Este recitado facíase sobre unha ou varias frases melódicas simples, narrándose feitos históricos, heroicos ou de fazañas. La Chanson de Roland foi o primeiro cantar de xesta de Europa, seguíndolle moitos outros, sempre tendo como base a batalla de Roncesvalles e reflectindo as virtudes esixidas aos cabaleiros cristiáns medievais.

Datación do texto[editar | editar a fonte]

Se ben o manuscrito de Oxford está escrito cara a finais do século XII, seguramente o texto apareceu entre 1060 e 1065, pois segundo Guillermo de Malmesbury os normandos xa cantaban a Canción de Roldán durante a batalla de Hastings. Ademais, segundo Dámaso Alonso, unha anotación en alfabeto visigodo atopada no manuscrito 39 do mosteiro de San Millán de la Cogolla non é posterior ao terceiro cuarto do século XI.

Feitos históricos[editar | editar a fonte]

O Cantar narra os feitos da batalla de Roncesvalles pero modificándoos lendariamente. Na realidade a batalla, que tivo lugar o 15 de agosto de 778, foi seguramente un enfrontamento entre tribos de vascóns e a retagarda das forzas de Carlomagno baixo o mando do conde Roldán, prefecto da Marca de Bretaña. Segundo os anais e as crónicas do século IX, debeu ser unha emboscada no desfiladeiro de Valcarlos, na vertente norpirenaica. Así, a crónica en latín de Eginhard, Vita Caroli, di que o rei Carlos (pois aínda non era emperador), aliouse a certos caudillos musulmáns nas súas loitas internas no reino de Al-Andalus. Logo de tomar Pamplona e cercar Zaragoza por mor dun ataque dos saxóns e un amotinamento en Aquitania, regresa a Francia tras levantar o asedio e saquear Pamplona. En vinganza polo saqueo, a retagarda é atacada por montañeses vasco-navarros.

Transformación lendaria dos feitos[editar | editar a fonte]

La Chanson de Roland foi composta uns tres séculos despois dos feitos, polo que estes foron adornados e transformados cunha dimensión épica e heroica cun transfundo relixioso. O personaxe de Roland, que só era o conde da marca de Bretaña, convértese no sobriño do vello emperador, e aparece acompañado de Oliveros, outro barón franco. A emboscada dos vascóns pasa a ser un ataque de 400.000 sarracenos, que derrotan a Roldán e aos Doce Pares de Francia logo da traizón de Ganelón.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]