Saltar ao contido

Coxíidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kogia»)
Coxíidos
Kogiidae

Rango fósil: oligoceno - actualidade

Tamaños do cachalote pigmeo e o home
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Familia: Kogiidae
Gill, 1971
Xénero: Kogia
Gray, 1846
especies
  • Véxase o texto

A dos coxíidos (Kogiidae) é unha familia de cetáceos odontocetos que inclúe dúas especies viventes, o cachalote pigmeo e o cachalote anano, e tres especies extintas.[1]

Algunhas clasificacións no recoñecen esta familia e sitúan ao seu único xénero, Kogia, na familia dos fisetéridos,[2][3] dentro da submailia dos Koginae Gill, 1871, pero hoxe está aceptado este grupo como familia Kogiidae Gill, 1871.[4]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Estes cetáceos caracterízanse por teren a boca en posición ventral en relación ao cranio, a diferenza dos delfínidos e a maioría dos demais odondtocetos. Non teñen dentes no maxilar superior, e o inferior presenta dentes cónicos. Ao igual que o cachalote, posúen espermaceti no melón.

O tamaño do seu corpo é pequeno, en comparación có doutros cetáceos (entre 3 e 3,5 m), e especialmente co do seu máis próximo parente, o cachalote.[5] e bastante repoludo, cunha aleta dorsal pequena, falciforme, e a caudal cunha incisura media lixeira, a as pectorais anchas e curtas, situadas en posición moi adiantada. Presentan unha falsa galada detrás da súa cabeza, que é de forma cuadrangular.[6]

Distribúense por todos os océanos do mundo, en augas profundas cerca das costas.[6]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Kogia breviceps.
Kogia sima.

A familia só conta cun xénero e dúas especies actuais:

Familia Kogiidae

  1. The Paleobioly Database. "Kogiidae" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2013. 
  2. "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3ª ed).". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  3. "Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): Kogia breviceps. en: IUCN 2009. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2009.2. <www.iucnredlist.org>". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2011. Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  4. Kogiidae Gill, 1871 en WoRMS.
  5. Duguy e Robineau (1987), pp. 142-143.
  6. 6,0 6,1 Carwardina,. M. (1995), pp. 82-85.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]