Quercus cerris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Quercus cerris

Quercus cerris
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Hamamelidae
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Quercus
Especie: Q. cerris
Nome binomial
Quercus cerris
Linnaeus, 1753
Área de distribución de Quercus cerris
Área de distribución de Quercus cerris

Área de distribución de Quercus cerris
Sinonimia
Véxase o texto

Quercus cerris, coñecido na bibliografía internacional, entre outros, con nome de carballo turco,[1] ou carballo cabeludo,[2] é unha árbore da familia das fagáceas, que se distribúe polo sur e o sueste de Europa e en Asia Menor.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descita en 1753 por Linneo na páxina 997 da súa obra Species Plantarum.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero véxase Quercus.

O epíteto específicico, cerris, provén da voz latina cerrus, que pode traducirse como "de lugares pedregosos".[4]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Adenais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimo]]s:[5]

  • Quercus lanuginosa (Lam. in Lamarck & A.DC., 1778)
  • Quercus frondosa Mill., 1759
  • Quercus aegilops Scop., 1772
  • Quercus crinita Lam., 1785
  • Quercus haliphlaeos Lam., 1785
  • Quercus austriaca[Willd., 1805
  • Quercus tournefortii Willd., 1805
  • Quercus secondatii Steud., 1821
  • Cerris australis Raf., 1838
  • Cerris austriaca (Willd. Raf., 1838)
  • Cerris crinita (Lam. Raf., 1838)
  • Cerris paliphleos Raf., 1838
  • Quercus ragnal Lodd. ex Loudon 1838
  • Quercus cana Steud., 1841
  • Quercus crispa Steud., 1841
  • Quercus frondosa Steud., 1841
  • Quercus incisa Steud., 1841
  • Quercus variegata Lodd. ex Steud., 1841
  • Quercus pseudocerris Boiss., 1853
  • Quercus asplenifolia A.DC. in A.P.de Candolle, 1864
  • Quercus echinata Salisb. in A.P.de Candolle, 1864
  • Quercus heterophylla A.DC. in A.P.de Candolle, 1864
  • Quercus dentata S.Watson, 1873, nom. illeg.
  • Quercus raynal K.Koch, 1873
  • Quercus recurvisquamosa St.-Lag., 1882
  • Quercus nicotrae Lojac., 1907
  • Quercus × ambrozyana Simonk., 1909
  • Quercus tukhtensis Czeczott, 1932
  • Quercus thracica Stef. & Nedjalkov, 1956

Características[editar | editar a fonte]

É unha árbore caducifolia coa copa ancha que alcanza os 10 m de altura. Ten o tronco coa casca agrisada e con grandes fisuras que terminan agretándose e formando placas cadradas e convexas. As follas son oblongas coas marxes dentadas, lixeiramente ásperas e con pelos ríxidos na face e pubescentes no envés. O froito é un aquenio, unha landra, coa metade ou dous terzos aloxados no interior da cúpula, con escamas longas e rematadas en punta e curvadas cara a fóra.

Distribución[editar | editar a fonte]

É nativo do centro e sur de Europa, Sicilia e Asia Menor. Tamén se encontra como planta ornamental en España.[6]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. InfoMiño.
  2. San Cibrán. Salceda de Caselas.
  3. "Quercus cerris". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 1 de xullo de 2020. 
  4. Ermanno Straface. "'Toponomastica Bisignanese'". Consultado o 1 de xullo de 2020. 
  5. Sinónimos en Kew
  6. Mitchell, Alan 1979, pp. 309-310.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]