Kazuya Tsurumaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kazuya Tsurumaki
Nacemento2 de febreiro de 1966
Lugar de nacementoGosen
NacionalidadeXapón
EtniaPobo xaponés
Alma mátersen etiquetar
Ocupacióndirector de cinema, animador, diretor de animação e anime director
Coñecido porDiebuster, Rebuild of Evangelion 1.0: You Are (Not) Alone, Rebuild of Evangelion 2.0: You Can (Not) Advance, Rebuild of Evangelion 3.0: You Can (Not) Redo, Evangelion: 3.0+1.0 e FLCL
editar datos en Wikidata ]

Kazuya Tsurumaki (xaponés: 鶴巻 和哉; Tsurumaki Kazuya), nado en Gosen, na prefectura de Niigata o 2 de febreiro de 1966, é un director xaponés de anime.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É un dos colaboradores de Hideaki Anno e un animador de Gainax. O primeiro proxecto de Tsurumaki en Gainax foi como director de animación na serie de televisión de 1990 Nadia: The Secret of Blue Water. Tsurumaki tamén foi o director de secuencias humorísticas "omake" (extras) que se estrearon coa serie, e foi produtor de "Nadia Cinema Edition". En 1995, Tsurumaki traballou como asistente do director baixo as ordes de Hideaki Anno no anime de Gainax Neon Genesis Evangelion, onde exerceu como produtor, director de arte e asistente de dirección nalgúns episodios. En 1997, dirixiu o episodio 25', a primeira metade do remate cinematográfico da serie, Evangelion: O final de Evangelion. En 2000, Tsurumaki fixo o seu debut como director coa serie de OVAs, FLCL. En 2004, dirixiu a secuela do éxito Gunbuster, chamada Aim for the Top 2! ou Diebuster. Posteriormente traballou como director nos novos filmes de Evangelion, a saga Rebuild of Evangelion. Tamén dirixiu no ano 2017 o especial de anime The Dragon Dentist.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Evangelion's Studio Turns 'Dragon Dentist' Short Into Its 1st TV Special". Anime News Network. 26 de agosto de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]