Evangelion: Morte e renacemento
| Evangelion: Morte e renacemento | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||
Evangelion: Morte e renacemento (新世紀エヴァンゲリオン 劇場版 DEATH & REBIRTH シト新生 Shin seiki Evangerion Gekijō-ban: Shi to Shinsei?) é un filme xaponés de 1997 dirixido por Hideaki Anno, Masayuki e Kazuya Tsurumaki. É o primeiro filme baseado na serie Neon Genesis Evangelion e consta de dúas partes, Death e Rebirth, separadas por unha curta pausa. Foi estreado, xunto coa súa continuación, The End of Evangelion, en resposta ó éxito da serie de televisión e unha forte demanda dos seareiros por outro final. Dende entón foi reeditado e relanzado numerosas veces.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Morte
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Neon Genesis Evangelion.
A primeira parte, Death, é unha edición de 67 minutos de duración dos primeiros 24 episodios de Neon Genesis Evangelion en forma de clip show, con imaxes nunca vistas na emisión orixinal.
Renacemento
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Evangelion: O final de Evangelion.
A segunda parte Rebirth, é unha animación completamente nova de 27 minutos que posteriormente formarían o primeiro terzo do filme The End of Evangelion, estreado catro meses despois. Debido a limitacións de tempo, Rebirth só abrangue os preparativos iniciais do Proxecto de Complementación Humana e a invasión do Geofront polo JSSDF, rematando coa chegada dos Evas producidos en masa. (En The End of Evangelion, a versión final do episodio 25 conclúe co final da pelexa de Asuka cos Evas de produción en masa).
Personaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Evangelion: Morte e renacemento na IMDb (en inglés).