Yoshiyuki Sadamoto
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de xaneiro de 1962 Shūnan |
| Educación | Universidade Zokei de Tokyo Q11467072 |
| Actividade | |
| Ocupación | ilustrador, deseñador de personaxes, artista de banda deseñada, mangaka, animador, director de animación |
| Período de actividade | 1981 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Mako Takaha |
Yoshiyuki Sadamoto (貞本 義行 Sadamoto Yoshiyuki?), nado en Tokuyama (hoxe Shūnan, na Prefectura de Yamaguchi) o 29 de xaneiro de 1962, é un deseñador, animador e artista manga xaponés, e un dos membros fundadores do estudio de anime Gainax.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes de que Gainax fose fundado co seu nome oficial (anteriormente coñecíase como Daicon Film), Yoshiyuki traballou como animador no segundo proxecto de animación, o Daicon IV. O seu primeiro traballo como deseñador de personaxes en Gainax foi para Royal Space Force: The Wings of Honnêamise, lanzado en 1987. Dende entón, Sadamoto ten acreditadas moitas obras de sona, sendo a máis recoñecible Neon Genesis Evangelion, onde traballou como deseñador de personaxes. Os tres filmes máis recentes de Yoshiyuki inclúen Toki o Kakeru Shōjo (2006), Samā Wōzu (2009) e Ōkami Kodomo no Ame to Yuki (2012).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Yuki, Masahiro. "The Official Art of .hack//Roots". (maio de 2007) Newtype USA. pp. 101–107.