Lista de episodios de Neon Genesis Evangelion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Neon Genesis Evangelion é unha serie anime producida por Gainax e Tatsunoko Production e dirixida por Hideaki Anno. Empezou retransmitirse no Xapón na canle TV Tokyo o 4 de outubro de 1995 e rematou o 27 de marzo de 1996. Evangelion é un anime apocalíptico[1] do xénero mecha. Céntrase nun mozo recrutado pola organización paramilitar NERV para controlar o xigante biomecánico chamado Evangelion e loitar contra os seres monstruosos coñecidos como Anxos. A acción transcorre na cidade futurista de Toquio-3 anos despois dun cataclismo mundial. Céntrase nas vidas dos pilotos dos Evangelion e dos membros de NERV no seu intento de previr outra catástrofe.

A serie estreouse en galego no ano 2005 a través da TVG, dentro do espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.[2] A distribución en formato de vídeo caseiro en galego realizouse na edición Neon Genesis Evangelion Platinum, que contaba coa serie completa de 26 episodios en 6 DVDs, e tiña 750 minutos de duración.[3]

Episodios[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
Título en galego
Título orixinal
Director(es) Guionista(s) Data da estrea
1 "O ataque do Anxo"
«Shito, shūrai» (en xaponés: 使徒、襲来)
Kazuya TsurumakiHideaki Anno 4 de outubro de 1995

No ano 2000, o primeiro encontro desastroso cos misteriosos seres coñecidos como Anxos resultou nun cataclismo global chamado Segundo Impacto, que acabou coa metade da especie humana. Para defender a humanidade contra futuros ataques de Anxos, as Nacións Unidas estabeleceron a organización NERV en Toquio-3 para desenvolver robots biomecánicos xigantes coñecidos como Evangelions. Quince anos despois, os Anxos finalmente regresaron, e os Evangelions non probados só poden ser pilotados por nenos de 14 anos especialmente escollidos. Shinji Ikari, o fillo distanciado do comandante de NERV, Gendo Ikari, chega a Toquio-3 e é obrigado a pilotar o Evangelion Unidade-01 para loitar co Anxo, Sachiel, que está a atacar a cidade. 

2 "A besta"
«Mishiranu, tenjō» (en xaponés: 見知らぬ、天井)
Kazuya TsurumakiHideaki Anno
Yōji Enokido
11 de outubro de 1995

Shinji esperta no hospital, incapaz de lembrar a pelexa contra o Anxo a noite anterior. Gendo non quere ter nada que ver con el, polo que a xefa de operacións de NERV, a moza e atractiva Capitá Misato Katsuragi, convértese na súa titora legal. Afeito á vida no departamento de Misato, finalmente lembra a furiosa batalla. 

3 "A transferencia"
«Naranai, denwa» (en xaponés: 鳴らない、電話)
Hiroyuki IshidoHideaki Anno
Akio Satsukawa
18 de outubro de 1995

Shinji comeza a escola en Toquio-3 e coñece ós seus compañeiros Toji Suzuhara, Kensuke Aida e Hikari Horaki. Toji está resentido con Shinji porque a súa irmá resultou gravemente ferida na primeira pelexa de Shinji contra o Anxo Sachiel. Outro Anxo, Shamshel, aparece de súpeto, e Shinji debe derrotalo. Shinji é forzado até o seu límite mental durante a batalla, entrando en modo berserker durante os derradeiros segundo, loitando contra o Anxo corpo a corpo e deshabilitándoo salvaxemente. Despois, séntese devastado polas emocións que experimentou durante a batalla. Toji, que é testemuña do que supón para Shinji ser un piloto, decide deixar ir o seu resentimento. 

4 "O dilema do ourizo"
«Ame, nigedashita ato» (en xaponés: 雨、逃げ出した後)
Tsuyoshi KagaAkio Satsukawa 25 de outubro de 1995

Sobrecargado por ser un piloto de Evangelion, pola pelexa anterior con Shamshel e por rifar con Misato, Shinji foxe da súa casa e encóntrase con Kensuke nun campo. Shinji é axiña recapturado por NERV e acepta a regañadentes reiniciar a pilotaxe da Unidade-01, mais Misato afirma que se non pode ter a actitude correcta, entón debería deixar de ser piloto. Ela forza a súa renuncia, e despois de despedirse dos seus compañeiros de clase, Shinji prepárase para saír de Toquio-3 en tren. Porén, no último intre, Shinji e Misato teñen unha epifanía que lles dá unha comprensión máis profunda o un do outro. Shinji non monta no seu tren para abandonar Toquio-3 e decide quedar. Misato dálle a benvida de novo. 

5 "Rei, primeira parte"
«Rei, kokoro no mukō ni» (en xaponés: レイ、心)
Keiichi SugiyamaHideaki Anno
Akio Satsukawa
1 de novembro de 1995

O Evangelion Unidade-00 é finalmente reparado despois de que entrase en modo berserker durante unha proba ocorrida antes dos eventos do primeiro episodio. Shinji tenta coñecer á piloto da Unidade-00, Rei Ayanami, mais descobre que é incriblemente solitaria, que non ten amigos e que os rexistros do seu pasado foron borrados. Un novo e poderoso Anxo aparece: Ramiel, un diamante flotante de metal monolítico cun potente raio de partículas que case mata a Shinji na Unidade-01. 

6 "Duelo en Toquio-3"
«Kessen, daisan shin Tōkyō-shi» (en xaponés: 決戦、第3新東京市)
Hiroyuki IshidoHideaki Anno
Akio Satsukawa
8 de novembro de 1995

O Anxo Ramiel está atravesando as capas superiores de Toquio-3 para chegar á sede de NERV no cuartel xeral subterráneo. Posuidor dun forte ataque de raio e o campo AT máis forte xamais observado, un asalto directo dun Evangelion encontraríase co fracaso. Artéllase un plan ("Operación Yashima") segundo o cal Shinji na Unidade-01 usará un avanzado prototipo de rifle positrón para disparar a Ramiel dende fóra da súa zona obxectivo. Para funcionar, debe empregar toda a rede de enerxía do Xapón mentres Rei na Unidade-00 serve como escudo da Unidade-01. O primeiro tiro de Shinji erra, e Ramiel toma represalias co seu raio de lenerxía, mais Rei interponse en fronte da Unidade-01 para escudala. O escudo desgástase axiña polo ataque do Anxo, e Shinji apenas logra facer o segundo tiro a tempo, destruíndo o Anxo ó tempo que a Unidade-00 é case destruída. Logo sae do seu Evangelion para abrir o zapón do de Rei, atopándoa viva e chorando de alivio. Cando Rei se amosa confusa por non saber como responder, Shinji dille que só trate de sorrir. 

7 "Construído polo home"
«Hito no tsukurishimono» (en xaponés: 人の造り)
Keiichi SugiyamaHideaki Anno
Yōji Enokido
15 de novembro de 1995

A doutora Ritsuko Akagi, a xefa científica de NERV, explica a Shinji información clasificada sobre o Segundo Impacto, os Anxos e a misión dos Evangelions para derrotalos. Unha organización rival de NERV constrúe un robot prototipo xigante, Jet Alone, como unha alternativa ós Evangelions para substituílos. Ó contrario que as unidades Evangelion, que dependen dunha batería externa ou limitada, os Jet Alone teñen un reactor nuclear a bordo e, polo tanto, poden funcionar indefinidamente sen enerxía externa. Porén, durante a primeira proba pública do Jet Alone, escapa de control e diríxese cara a unha cidade co seu reactor a piques de provocar unha fusión de núcleo. Shinji mantén a raia ó robot no seu Evangelion mentres Misato entra e tenta apagar o reactor, só para descubrir que a aparente ameaza dunha crise organizouse por un acto de sabotaxe. Despois de que a situación volvese á normalidade, Ritsuko e Gendo debaten sobre o destino do Jet Alone, revelando que estaban detrás da sabotaxe. 

8 "Asuka chega ó Xapón"
«Asuka, rainichi» (en xaponés: アスカ、来日)
Kazuya TsurumakiHideaki Anno
Yōji Enokido
22 de novembro de 1995

Misato leva a Shinji e ós seus amigos Toji e Kensuke a voar até un acoirazado das Nacións Unidas que está a transportar o Evangelion Unidade-02 e á súa piloto, Asuka Langley Soryu, até o Xapón. O exmozo de Misato, Ryōji Kaji, é quen escolta a Asuka até o Xapón. No medio dalgunhas presentacións e reunións incómodas, un xigantesco Anxo acuático, Gaghiel, ataca a frota, e Asuka determina que ela loitará usando a Unidade-02. O Anxo somerxe a Unidade-02 e Misato deseña un plan para matalo ó aloxar dous acoirazados afundidos na súa boca e logo disparándolle tódalas armas. Cooperando xuntos, Asuka e Shinji acaban co Anxo, e revélase que tanto Shinji como Asuka superaron os seus rexistros de sincronización. Kaji é visto entregándolle Adán a Gendo, e Asuka é transferida á clase de Shinji. 

9 "Ó unísono"
«Shunkan, kokoro, kasanete» (en xaponés: 瞬間、心、重ねて)
Seiji MizushimaHideaki Anno
Akio Satsukawa
29 de novembro de 1995

Asuka múdase ó apartamento de Shinji e Misato. Mentres Asuka se afai ó Xapón, o Anxo Israfel ataca. Despois de que Israfel fose aparentemente derrotado, divídese en dúas copias idénticas e derrota ás unidades 01 e 02. De xeito desesperado, a ONU dá o drástico paso de botar unha bomba N² sobre o Anxo, deshabilitándoo temporalmente e dándolle a NERV seis días para atopar un xeito de destruílo. Determínase que as dúas partes do Anxo deben ser derrotadas simultaneamente, polo que, a suxestión de Kaji, Misato pon a Shinji e Asuka nun réxime de adestramento que lles permite pasar xuntos o maior tempo posible. O obxectivo é sincronizar as súas accións para lograr un ataque dobre coordinado. Malia que Asuka e Shinji non levan ben o adestramento, finalmente aprenden a deixar de lado as súas diferenzas e son quen de facer o ataque case perfectamente, destruíndo o Anxo. 

10 "Somerxidos no magma"
«Magumadaibā» (en xaponés: マグマダイバー)
Tsuyoshi Kaga
Hiroyuki Ishido
Hideaki Anno
Akio Satsukawa
6 de decembro de 1995

Os pilotos de Evangelion (agás Rei) están entusiasmados coa súa próximo viaxe de fin de curso a Okinawa mais séntense molestos ó saber que non poden saír de Toquio-3, xa que teñen que estar en espera en caso dun ataque dun Anxo. Un anxo durmido, Sandalphon, é descuberto en estado embrionario nas profundidades do magma dun volcán activo. Coa esperanza obter máis información sobre os Anxos, Asuka é enviada a capturalo baixando coa Unidade-02 no magma, usando un traxe refrixerante especial como protección. Porén, o Anxo esperta de súpeto e evouciona alén da súa etapa embrionaria, obrigando a Asuka a loitar contra Sandalphon mentres se atopa debaixo da superficie do magma. Asuka derrota o Anxo, pero case morre cando o equipo de protección da Unidade-02 falla despois de sufrir serios danos durante a batalla. Shinji salta ó seu rescate no último intre. 

11 "Nas tebras inmóbiles"
«Seishishita yami no naka de» (en xaponés: 静止した闇の中で)
Tatsuya WatanabeHideaki Anno
Yōji Enokido
13 de decembro de 1995

A enerxía eléctrica en Toquio-3 córtase completamente como resultado dunha sabotaxe de orixe descoñecida, atrapando a moito do persoal de NERV dentro da base e ós tres pilotos dos Evangelion fóra da mesma. Un novo Anxo, Matarael, aparece e comeza a queimar todo no seu camiño cara a sede de NERV usando un ataque de ácido corrosivo. Tódolos que están dentro deben loitar para acender os Evangelions, mentres que os pilotos tentan regresar ó Dogma Central a través dun labirinto de corredores pechados e condutos de aire. Finalmente os pilotos entran nos seus Evas e saen a loitar. Asuka defende a Shinji e Rei do ácido corrosivo de Matarael, mentres que os outros dous pilotos recuperan o rifle de Shinji. Shinji logo usa o rifle para destruír o Anxo. 

12 "O valor dun milagre"
«Kiseki no kachi wa» (en xaponés: 奇跡の価値は)
Hiroyuki IshidoHideaki Anno
Akio Satsukawa
20 de decembro de 1995

Mentres Gendo e Fuyutsuki están fóra nunha misión na Antártida, un Anxo masivo, Sahaquiel, aparece na órbita da Terra, alén do alcance dos Evangelions, e lanzar varias bombas N² non ten ningún efecto. O ataque do Anxo consiste en deixar caer pequenos anacos de si mesmo na superficie da Terra. Centrado en Toquio-3, o corpo principal de Sahaquiel podería caer á Terra nun ataque kamikaze para destruír a cidade. Os tres Evangelions son despregados á vez nunha carreira para alcanzar o Anxo antes de que contacte coa Terra. Para iso, deberán frealo proxectando os seus campos AT. A operación é un éxito, e Shinji, para a súa sorpresa, receibe palabras de gabanza de Gendo polos seus esforzos. Shinji decátase que ser eloxiado polo seu pai pode ser a súa principal motivación para ser un piloto. 

13 "O pequeno intruso"
«Shito, shinnyū» (en xaponés: 使徒、侵入)
Tensai OkamuraHideaki Anno
Mitsuo Iso
27 de decembro de 1995

Os pilotos sométense a unha proba de sincronización dirixida por Ritsuko no profundo da sede de NERV cando aparece un novo Anxo dentro da base, Ireul, inicialmente confundido con corrosión. Este Anxo é en realidade unha colección de millóns de organismos microscópicos, que interactúan para crear un circuíto informático biolóxico vivo. Ireul infecta a rede de computadoras de NERV e logo infíltrase en dous das tres supercomputadoras Magi que controlan a base antes de que Ritsuko poida configurar un firewall para ralentizar o seu avance. A Ritsuko ocórreselle un esquema para usar a capacidade de adaptación rápida do Anxo contra el e forzalo a evolucionar a un estado benigno, pero debe bulir para poñer en funcionamento o programa antes de que o Anxo tome o control da autodestrución da base. Despois de lograr con éxito o plan e destruír o Anxo, Ritsuko dálle a Misato unha idea sobre o funcionamento dos Magos, contando a historia de como a súa nai baseou o seu deseño na súa propia personalidade. 

14 "Tecendo unha historia"
«Zēre, tamashii no za» (en xaponés: ゼーレ、魂の座)
Masahiko Ohtsuka
Ken Ando
Hideaki Anno 3 de xaneiro de 1996

A primeira metade deste episodio é un clip show, en forma dun informe de Seele que revisa as accións de Gendo, resumindo a primeira tempada de episodios e a historia até este punto. Na segunda metade, Ritsuko realiza un experimento para determinar se os pilotos se poden cambiar entre os Evangelions que normalmente pilotan. Rei pode sincronizarse bastante ben coa Unidade-01, pero cando Shinji intenta sincronizarse coa Unidade-00, vólvese violentamente tolo dentro da base, dunha maneira idéntica á proba de activación errada que tivo lugar antes da chegada de Shinji a Toquio-3. Como antes, a Unidade-00 ataca a cabina de observación do hangar, rompendo a fiestra. Porén, Rei estaba parada na fiestra no canto de Gendo, como foi o caso na primeira proba, facendo que Misato Katsuragi se pregunte se a Unidade-00 estaba tratando de matar a Rei. Mentres tanto, Ritsuko sente que a Unidade-00 estaba tratando de atacar a Ritsuko. Ó final do episodio, Rei usa a Unidade 00 para levar a Lanza de Lonxinus recuperada da Antártida ó nivel máis profundo da base de NERV, Terminal Dogma. 

15 "Ansia de bicos"
«Uso to chinmoku» (en xaponés: 嘘と沈黙)
Naoyasu HabuHideaki Anno
Akio Satsukawa
10 de xaneiro de 1996

Kaji comeza a facer investigacións clandestinas sobre os escuros segredos de NERV, despois do cal el, Misato e Ritsuko asisten a unha voda. Mentres tanto, Rei e Shinji quedan despois de clase para limpar mentres Hikari prepara a Asuka nunha cita ás cegas. Shinji encóntrase con Gendo na tumba da súa nai. Máis tarde esa noite, no departamento de Misato, Asuka bica a Shinji, que case o afoga. Misato e Kaji terminan reavivando o seu antigo romance, pero tamén descobre que el é un axente dobre, enviado como espía polo goberno xaponés. Kaji, á súa vez, revélalle que NERV lle está agochando cousas. El móstralle o que cre que é Adán, o primeiro Anxo, que se mantén no profundo da sede de NERV. 

16 "Desesperación e despois..."
«Shi ni itaru yamai, soshite» (en xaponés: 死に至る病、そして)
Kazuya TsurumakiHideaki Anno
Hiroshi Yamaguchi
17 de xaneiro de 1996

Un novo Anxo, Leliel, aparece no ceo sobre Toquio-3, aparentemente coa forma dunha esfera branca a negra. As tres unidades Evangelions prepáranse para atacar, mais o ataque de Shinji é inútil, e el e a súa Unidade-01 son absorbidos na crecente sombra que enguliu a cidade. Ritsuko determina que Leliel existe noutra dimensión que só pode ser explicada por conceptos matemáticos. A sombra do chan, descrita con 600 metros de ancho máis só de 3 nanómetros de grosor, é o corpo real do Anxo, e a esfera do ceo é a sombra. Temendo que a Unidade-01 se perda para sempre, NERV prepárase para guindar tódalas bombas N² no Anxo, esperando que acabe con Leliel aínda que tamén podería acabar con Shinji. Mentres está atrapado en Leliel, Shinji comeza unha viaxe mental introspectiva. A medida que a batería e a vida útil da Unidade-01 se esgota por completo, Shinji sente de súpeto que unha muller fantasmal o aperta e dáse conta que ela é a súa nai. Fóra de Leliel, Misato e Ritsuko son testemuñas de como a Unidade-01 se abre paso violentamente pola sombra de Leliel, acabando co Anxo. Shinji é recuperado san e salvo, mais a súa experiencia dentro do Anxo deixouno profundamente inquedo. 

17 "O cuarto neno"
«Yoninme no tekikakusha» (en xaponés: 四人目の適格者)
Minoru OharaHideaki Anno
Shinji Higuchi
24 de xaneiro de 1996

O desastre golpea inesperadamente cando NERV-02, a segunda sucursal de NERV en Nevada, desaparece misteriosamente nun instante, o que resulta na perda de todo nun radio de oitenta e nove quilómetros e miles de persoas. O incidente coincidiu cun experimento para instalar un motor S², capaz de darlle a Evangelion unha fonte de alimentación ilimitada, en Evangelion Unidade-04, un dos dous novos Evangelions que foron recentemente rematados nos Estados Unidos. En pánico despois do accidente que involucrou á Unidade-04, o goberno dos Estados Unidos esixe que Evangelion Unidade-03, construído en NERV-01, a primeira sucursal de NERV en Massachusetts, sexa trasladado do seu chan o máis axiña posible. Cando a Unidade-03 está a piques de chegar a Toquio-3, Toji Suzuhara convértese no novo piloto. 

18 "Elixir un destino"
«Inochi no sentaku o» (en xaponés: 命の選択を)
Tensai OkamuraHideaki Anno
Shinji Higuchi
31 de xaneiro de 1996

A Unidade-03, sendo transportada dende os Estados Unidos até o Xapón nun avión, voa a través dun Anxo microscópico disfrazado dunha nube estraña, infectando a Unidade-03. Durante a primeira proba de sincronización de Toji, a Unidade-03 entra en modo berserker e convértese nun Anxo, Bardiel. Posuíndo o poder dun Anxo e a forma dun Evangelion, Unidade-03 destrúe as instalacións de proba e avanza cara a Toquio-3. Os tres Evangelions son despregados contra Bardiel, mais o Anxo derrota axiña á Unidade-02 e á Unidade-00. Malia que Shinji non sabe que Toji está atrapado dentro de Bardiel, rexeita atacalo para poder salvar o piloto. Como a Unidade-03 está a atacar á Unidade-01, Gendo ordena que desconecten a Shinji do control da Unidade-01 e que esta sexa pilotada polo sistema automático. Under the control of the dummy plug, a Unidade-01 ataca salvaxamente a Bardiel, desgarrándoo en pedazos en esmagando a cápsula do piloto. Despois da batalla, un Shinji emocionalmente devastado está aínda máis horrorizado cando ve a Toji sendo extraído dos restos da cápsula. 

19 "Introversión"
«Otoko no tatakai» (en xaponés: 男の戰い)
MasayukiHideaki Anno
Akio Satsukawa
7 de febreiro de 1996

Shinji, horrorizado e emocionalmente devastado pola batalla entre a Unidade-01 e Bardiel, así como pola indiferenza de Gendo ante a situación, marcha de NERV por segunda vez. Porén, mentres abandona Toquio-3, o Anxo Zeruel aparece e derrota as outras unidades Evangelion. Despois de falar con Kaji, quen revela a verdade de por que os Evas son precisos para combater os Anxos, é dicir, para evitar que entren en contacto con Adán e, polo tanto, desencadeen o Terceiro Impacto que resultaría na aniquilación da humanidade, Shinji volve a NERV xusto antes de que o Anxo penetre na base de NERV. O Anxo logra dominar a Unidade 01 cando as súas baterías se esgotan e destrúe a armadura exterior do Evangelion, revelando un núcleo idéntico ó dos Anxos. Cando o Anxo ataca o núcleo da Unidade-01, Shinji suplícalle ó Evangelion que comece a traballar novamente. A Unidade-01 entra en modo "berserker", derrotando o Anxo, e despois comeza a esgazar e devorar o corpo do Anxo, absorbendo o seu motor S² no proceso. 

20 "O espello da alma"
«Kokoro no katachi, hito no katachi» (en xaponés: 心のかたち 人のかたち)
Masahiko OhtsukaHideaki Anno 14 de febreiro de 1996

Durante o clímax da loita masiva contra o Anxo Zeruel, Shinji consegue unha sincronización do 400% coa Unidade-01, un nivel que se cría imposible. Porén, por mor diso, Shinji fusionouse co Evangelion, e o seu corpo converteuse no líquido LCL dentro da cápsula do piloto. No transcurso de trinta días, mentres a Unidade-01 permanece inmóbil no seu hangar, Ritsuko loita por atopar un xeito de restaurar a Shinji. Mentres, o consciencia de Shinji comeza unha odisea introspectiva na que entra en contacto coa alma da súa nai, Yui Ikari. Despois de falar con Yui, Shinji "renace" do núcleo central da Unidade-01. Despois destes eventos, Misato e Kaji reanudan a súa historia de amor. Nese encontro, Kaji entrégalle un chip que detalla tódolos seus descubrimentos espiando a NERV, dicíndolle que podería ser o seu derradeiro agasallo para ela. 

21 "O nacemento de Nerv"
«Nerufu, tanjō» (en xaponés: ネルフ、誕生)
Hiroyuki Ishido (TV)
Shunji Suzuki (DC)
Hideaki Anno
Akio Satsukawa
21 de febreiro de 1996

O Comandante Adxunto Kozo Fuyutsuki é secuestrado e interrogado por Seele, que está anoxado porque na súa última batalla, a Unidade-01 absorbeu o motor S² dun Anxo no seu corpo, polo que xa non require unha fonte de alimentación externa e agora pode funcionar indefinidamente. Mentres tanto, Kaji deserta para tratar de descubrir a verdade sobre NERV. Cando Seele interroga a Fuyutsuki, el conta en flashbacks como coñeceu a Gendo e Yui, os escuros eventos que rodearon a Segundo Impacto e como naceron NERV e o proxecto Evangelion. Os flashbacks tamén revelan a historia de Misato, Ritsuko e Rei. Fuyutsuki é rescatado por Kaji, e Fuyutsuki advírtelle que Seele vaino querer morto. Esa noite, Kaji é asasinado por un asasino invisible. Misato recibe unha mensaxe de voz de Kaji, na que a anima a continuar a súa busca da verdade sobre NERV. Pola natureza da mensaxe ela deduce que está morto e desmorónase pola dor. 

22 "Polo menos actúa coma un ser humano"
«Semete, ningen rashiku» (en xaponés: せめて、人間らしく)
Akira Takamura (TV)
Kazuya Tsurumaki (DC)
Hideaki Anno
Hiroshi Yamaguchi
28 de febreiro de 1996

Despois de ser derrotada unha vez máis por un Anxo, o grao de sincronización de Asuka continúa diminuíndo, o que afecta a súa capacidade para pilotar a Unidade-02. Os flashbacks revelan a infancia tráxica de Asuka, que deu forma á súa personalidade. Un novo Anxo, Arael, aparece na órbita da Terra, moi lonxe do alcance de calquera armamento dende o chan, incluídos os Evangelions. A Asuka anúnciaselle que ela será o reforzo de Rei para a confrontación co Anxo. Anoxada, lánzase e enfróntase a Arael soa. Porén, Arael usa un ataque telepático que obriga a Asuka a revivir eventos traumáticos do seu pasado, causando tal angustia mental que Asuka perde por completo a sincronización e a Unidade-02 apágase. Gendo ordénalle a Rei que recupere a Lanza de Lonxinus e que a use contra o Anxo. A Lanza logra penetrar o campo AT de Arael e destrúeo, mais alcanza a velocidade de escape e entra nunha órbita lunar. Asuka está novamente anoxada pola súa derrota, empeorada polo seu odio cara a Rei. 

23 "Bágoas"
«Namida» (en xaponés: )
Shoichi Masuo (TV)
Masayuki (DC)
Hideaki Anno
Hiroshi Yamaguchi
6 de marzo de 1996

Tralo último asalto do Anxo na súa mente, Asuka afúndese nunha depresión clínica. O seguinte Anxo, Armisael, ataca e intenta fusionarse coa Unidade-00, facendo que entre en contacto coa mente de Rei, como o fixeron os Anxos anteriores con Shinji e Asuka. Para salvar a Shinji, Rei autodestrúe a Unidade 00 para destruír a Armisael. Rei aparece de novo despois dunha suposta experiencia achegada á morte. Seele, querendo chegar ó fondo do incidente, somete a Ritsuko a un interrogatorio humillante co consentimento de Gendo. Querendo vingarse de Gendo, Ritsuko traizóao ó revelar varias verdades escuras a Shinji e Misato sobre os Evangelions e sobre Rei, como que esta última é unha de varios clons de apoio. No seu enfado con Gendo, Ritsuko asasina friamente tódolos clons de Rei. 

24 "O último enviado"
«Saigo no shisha» (en xaponés: 最後のシ者)
Shoichi Masuo (TV)
Masayuki (DC)
Hideaki Anno
Akio Satsukawa
13 de marzo de 1996

A medida que a depresión de Asuka medra até o punto de que queda en estado de catatonia, Seele envía a Kaworu Nagisa a NERV para ser o piloto substituto da Unidade-02. Ó principio, Shinji e Kaworu fanse rapidamente amigos. Porén, axiña se revela que Kaworu é o Anxo final, Tabris, e que foi enviado para fusionarse con Adán en Terminal Dogma, no nivel inferior da sede de NERV. Kaworu comanda a Unidade-02, e Shinji enfróntase a el coa Unidade-01 nunha loita feroz en caída libre mentres descenden a Terminal Dogma. Kaworu chega até o Anxo en Terminal Dogma cando Shinji derrota a Unidade-02, pero Kaworu decátase de que o Anxo non é Adán senón Lilith. Ó darse cnta de que así é como deben ser as cousas, prégalle a Shinji que o mate para evitar que a humanidade sexa destruída. Shinji dubida, pero finalmente mata a Kaworu. Máis tarde, traumatizado polos eventos do día, Shinji tenta falar con Misato, pero ela está demasiado distraída polas súas propias loitas internas para consolalo. 

25 "Un mundo que remata"
«Owaru sekai» (en xaponés: 終わる世界)
Kazuya TsurumakiHideaki Anno 20 de marzo de 1996

O Proxecto de Complementación Humana comeza, fusionando as almas da humanidade nunha soa entidade. Shinji, Rei, Misato e Asuka loitan coas súas razóns de existencia. Shinji descobre que creou unha existencia solitaria para si mesmo, un mundo no que só el pode existir. 

26 "A besta que pedía amor a berros dende o centro do mundo"
«Sekai no chūshin de "ai" o sakenda kemono» (en xaponés: 世界の中心でアイを叫んだけもの)
Masayuki
Kazuya Tsurumaki
Hideaki Anno 27 de marzo de 1996

O Proxecto de Complementación Humana continúa mentres a humanidade intenta completar a súa existencia. Shinji segue a loitar co impacto da súa existencia persoal, e eventualmente ve un mundo (que se asemella a un ambiente alegre, nunha ambientación cómica da secundaria) no que non é un piloto de Evangelion. Shinji, agora entendendo que a súa existencia non é fixa, destrúe o escudo constritivo que desenvolvera ó seu arredor. Tódolos demais personaxes da serie recoñéceno, apláudeno e parabenízano. En resposta, Shiji agradécelles a todos. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Slater-Williams, Josh (18 de setembro de 2013). "Scotland Loves Anime 2013: The Fourth Impact". The Skinny. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 
  2. D., F. (23 de marzo de 2018). "El dilema del erizo que conmocionó al mundo". La Región (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2019. 
  3. Cultura Galega (ed.). "Neon Genesis Evangelion Platinum en galego". Consultado o 20 de setembro de 2019.