Música de Neon Genesis Evangelion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A franquía de Neon Genesis Evangelion conta con varias bandas sonoras, álbums de remix e recompelatorios lanzados ó mercado. A franquía vendeu máis de 9 millóns de álbums e sinxelos.

Shirō Sagisu compuxo a maioría da música de Neon Genesis Evangelion e dos tres álbums OTS da serie de televisión. Recibiu o premio Kobe Animation en 1997 á "mellor banda sonora".[1] King Records e o seu selo discográfico Starchild (especializado en música, animación e cinema) distribuíu a maioría dos álbums, sinxelos e edicións especiais. Para a serie de animación, Yoko Takahashi interpretou a canción "A Cruel Angel's Thesis" que se empregou como tema de apertura da serie. A canción "Fly Me to the Moon", orixinalmente de Bart Howard, foi interpretada por varios actores de voz xaponeses da serie, e estas versións da canción foron empregadas como tema de peche dos episodios. Tamén se empregaron estes temas en Evangelion: morte e renacemento, a súa continuación Evangelion: O final de Evangelion e tres títulos de Rebuild of Evangelion.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Animation Kobe 1997: An Attendee's Report". Gainax. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2000. Consultado o 14 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]