Katmandú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Katmandu")

Coordenadas: 27°42′N 85°20′E / 27.700°N 85.333°E / 27.700; 85.333

Katmandú
काठमाडौं (en nepalés)
Flag of Kathmandu.svg
Kathmandu sites collage.jpg
Imaxes da cidade
Situación xeográfica
Katmandú en Nepal
Katmandú
Katmandú
País Nepal Nepal
Rexión Central
Subrexión Zona de Bagmati
Distrito Distrito de Katmandú
Xeografía
Altitude 1.400 msnm
Superficie 49,45 km²
Poboación
Poboación 1 003 285 hab. (2011)
Densidade hab/km²
Xentilicio Katmanduano/a
Información
Código postal 44600 (GPO), 44601, 44602, 44604, 44605, 44606, 44608, 44609, 44610, 44611, 44613, 44614, 44615, 44616, 44617, 44618, 44619, 44620, 44621
Alcalde Kedar Bhahadur Adhikari
Páxina web kathmandu.gov.np

Katmandú[1] (en nepalés: काठमांडौ) é a capital e a maior cidade do Nepal. É a única cidade do país co status administrativo de Mahanagar (cidade metropolitana). Katmandú é o núcleo da meirande aglomeración urbana do Nepal, localizada no Val de Katmandú, e que está formada por Lalitpur, Kirtipur, Madhyapur Thimi, Bhaktapur e un gran número de pequenas comunidades. Segundo o censo de 2011, a cidade metropolitana de Katmandú tiña unha poboación de 1 003 285 e unha área de 49.45 km2.

A cidade atópase a unha altura aproximada de 1400m.[2] Está rodeada por catro grandes montañas: Shivapuri, Phulchoki, Nagarjun e Chandragiri. O val de Katmandú forma parte de tres distritos (Katmandú, Lalitpur e Bhaktapur), e ten a maior densidade de poboación do país, sendo o fogar dunha doceava parte dos habitantes.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Localízase no centro do país a 1370 metros de altitude. Ten cerca de 670.000 habitantes; está situada no val de Katmandú no Nepal central, próxima ao río Vishnumati. Foi fundada en 723 polos newares.

A cidade antiga é característica pola grande cantidade de templos e palacios budistas e Hindús, a maioría deles do século XVII. Moitos destes monumentos foron estragados desafortunadamente por terremotos e a contaminación. No val de Katmandú hai sete sitios clasificados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.

Katmandú converteuse nun sitio moi visitado polos turistas desde os anos 1960 a raíz do movemento hippie.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para katmanduano.
  2. «Kathmandu Metropolitan City Office – Introduction». Kathmandu Metropolitan City Office. Consultado o 14 de agosto de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]