Karel Reisz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Karel Reisz
Aankomst en vertrek, cineasten, actrises, Blair, Betsy, Bestanddeelnr 919-6997 (cropped).jpg
Nacemento21 de xullo de 1926 e 1926
Lugar de nacementoOstrava
Falecemento25 de novembro de 2002
Lugar de falecementoCamden Town
NacionalidadeReino Unido e República Checa
EtniaPobo checo
Alma máterEmmanuel College e Leighton Park School
Ocupacióndirector de cinema, produtor de cinema, escritor e guionista
CónxuxeBetsy Blair
Premioslista de filmes premiados com o BAFTA de melhor filme
Na rede
IMDB: nm0718554 Allocine: 16567 Allmovie: p107921 TCM: 159908 WikiTree: Reisz-39 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Karel Reisz, nado en Ostrava o 21 de xullo de 1926 e finado en Camden, Londres,[1] o 25 de novembro de 2002, foi un cineasta británico de orixe checa, un dos pioneiros do novo realismo no cinema británico durante as décadas de 1950 e 1960.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Reisz naceu en Ostrava (Checoslovaquia) de ascendencia xudía.[2] O seu pai era avogado.

Reisz foi un refuxiado, un dos 669 rescatados por Nicholas Winton.[3][4] Chegou a Inglaterra en 1938, case sen falar inglés, mais erradicou o seu acento estranxeiro o máis rápido que puido.[5] Tras asistir á Leighton Park School, alistouse na Royal Air Force cara ao final da guerra; os seus pai morreron en Auschwitz.[6][7] Tralo servizo na guerra, estudo ciencias naturais no Emmanuel College, Cambridge, e comezou a escribir para revistas de cinema, incluída Sight and Sound. Cofundou Sequence con Lindsay Anderson e Gavin Lambert in 1947.

Carreira[editar | editar a fonte]

Reisz foi un dos fundadores do movemento cinematográfico coñecido como Free Cinema. O seu libro de texto The Technique of Film Editing publicouse por primeira vez en 1953. A súa primeira curtametraxe, Momma Don't Allow (1955), coescrita e codirixida con Tony Richardson, foi incluída no primeiro programa sobre Free Cinema exhibido no National Film Theatre en febreiro de 1956.[8]

Produciu Every Day Except Christmas (1957) dirixido por Lindsay Anderson e Band Wagon (1958). Reisz e Anderson produciron e dirixiron March to Aldermaston (1959), e posteriormente Reisz dirixiu en solitario We Are the Lambeth Boys (1959), unha descrición naturalista dos membros dun club social do sur de Londres, mostrando o lecer dos adolescentes de clase traballadora, con música skiffle e cigarros, crícket, debuxos e grupos de discusión.[9] O filme participou no Festival de Cinema de Venecia e a BBC realizou dúas secuelas sobre o mesmo grupo e club emitidas en 1985. Produciu tamén I Want to Go to School (1959) de John Krish.

A súa primeira longametraxe, Saturday Night and Sunday Morning (1960) estaba baseada na novela socialrealista de Alan Sillitoe, e empregaba moitas das técnicas dos seus primeiros documentais. En particular, as escenas filmadas na fábrica da Raleigh en Nottingham teñen o aspecto dun documental, e dan á historia un vívido sentido de verosimilitude.[10] O filme gañou o gram premio no Festival Internacional de Cinema de Mar del Plata de 1961.[11] Foi un éxito de público e converteu en estrela a Albert Finney.

Reisz dirixiu unha serie de televisión, Adventure Story (1961), e prouciu a longametraxe con que debutou Anderson, This Sporting Life (1963), antes de reunirse de novo con Finney en Night Must Fall (1964). Posteriormente dirixiu Morgan – A Suitable Case for Treatment (1966), adaptado por David Mercer a partir da súa obra teatral para televisión de 1962, e Isadora (1968), biografía da bailarina Isadora Duncan, con guión de Melvyn Bragg e protagonizada por Vanessa Redgrave.

Hollywood[editar | editar a fonte]

O primeiro filme de Reisz nos Estados Unidos foi The Gambler (1974) con James Caan.[12][13] En 1978 dirixiu Soldados da heroína (1978) con Nick Nolte e Tuesday Weld.[14] Esperábase que a este seguise unha adaptación da novela The Doctor's Wife de Brian Moore baseado nun guión de Joe Eszterhas, mais o filme nunca se fixo.[15]

De volta en Londres, dirixiu A muller do tenente francés (1981), posiblemente o filme con máis éxito da súa última etapa.[16] Adaptación da novela de John Fowles por Harold Pinter, estivo protagonizado por Jeremy Irons e Meryl Streep. En 1982 dirixiu no teatro en Boston Gardenia Dreams, de John Guare.[17] En 1985 realizou Sweet Dreams (1985), baseado na vida da cantante Patsy Cline, protagonizado por Jessica Lange. Tras el, escribiu un guión sobre Libby Holman para Ray Stark, mais non chegou á pantalla.[18]

Últimos anos[editar | editar a fonte]

O último filme de Reisz foi Everybody Wins (1990), con guión de Arthur Miller sobre a súa propia obra. Entre 1991 e 2001, centrouse na dirección teatral en Londres, Dublín e París.[19] Dirixiu unha adaptación de The Deep Blue Sea (1994) para a televisión británica e en 1995 Moonlight de Harold Pinter con Jason Robards e Blythe Danner. Dirixiu nun festival Beckett no Lincoln Center en 1996 Happy Days, en 1999 Ashes to Ashes de Pinter con Lindsay Duncan e David Strathairn no Roundabout Theater Company e, no festival Pinter no Lincoln Center en 2001, A Kind of Alaska e Landscape. Cando o Gate Theaterfilmou todas as obras teatrais de Beckett, Reisz encargouse de Act Without Words I (2001).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Reisz e Blair en 1966

Reisz tivo tres fillos coa súa primeira esposa Julia Coppard, da que se divorciou.[20] Reisz casou coa actriz Betsy Blair en 1963, matrimonio que durou ata a morte del.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

  • Adventure Story (1961, 6 episodios)
  • Performance (1994, 1 episodio)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Deaths England and Wales 1984–2006". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2021. 
  2. Milne, Tom; "Obituary: Karel Reisz" Guardian.co.uk, 28 de novembro de 2002 (Consultado o 3 de xullo de 2009)
  3. Gardner, Colin (2006). Karel Reisz. Oxford Road, Manchester: Manchester University Press. p. 13. ISBN 0719075483. 
  4. Latynski, Maya (1992). Reappraising the Munich Pact: Continental Perspectives. Washington, D. C.: The Woodrom Wilson Center Press. p. 6. ISBN 0943875390. 
  5. "Karel Reisz". Londres: telegraph.co.uk. 28 de novembro de 2002. Consultado o 28 de xuño de 2010. 
  6. Newsmakers: the people behind today's headlines 2004 "After the war's end, the boys learned that both parents had died at Auschwitz, the German-run concentration camp"
  7. Peter Worsley. An academic skating on thin ice, páxina 52, 2008. "My best friend at College, Karel Reisz, a Czech, never told me what I only learned from his recent obituary – that both of his parents had been killed at Auschwitz."
  8. Aufderheide, Patricia (2007). Documentary Film, A Very Short Introduction. Oxford University. 
  9. Hill, John (1986). Sex, Class and Realise: British Cinema 1956 - 1963. Londres: British Film Institute. p. 128. ISBN 0851701337. 
  10. Rule, John (1994). Saturday night and Sunday morning: time and the working classes. Southampton: University of Southampton. ISBN 0854325247. 
  11. "Mar del Plata Awards 1961". Mar del Plata. Consultado o 25 de novembro de 2013. 
  12. Karel Reisz Gambles on Las Vegas By A. H. WEILER. The New York Times, 8 de abril de 1973: 171.
  13. "Karel Reisz: From Viewer to Doer in the World Cinema," Warga, Wayne. Los Angeles Times, 20 de outubro de 1974: q30.
  14. 'We wanted to connect with British life in the way American cinema connected with American life. Politically our films were tangential.' Karel Reisz, his new film opening on Thursday, talks to Clancy Sigal The Guardian, 16 de decembro de 1978: 13.
  15. KAREL REISZ: 'Dog Soldiers' Dedicated Director Thomas, Kevin. Los Angeles Times, 30 de maio de 1977: g8.
  16. Welsh, Jim (1982). "The Man Who Made the French Lieutenant's Woman". Literature Film Quarterly 10 (1). 
  17. John Guare play; Gardenia Drama by John Guare. Directed by Karel Reisz.Beufort, John. The Christian Science Monitor, 6 de maio de 1982.
  18. "Karel Reisz and His Three-Year Itch", Mann, Roderick. Los Angeles Times, 15 de setembro de 1985: 18.
  19. "Karel Reisz", Milne, Tom. The Guardian (1959-2003); Londres, 28 de novembro de 2002: 26.
  20. Vallance, Tom; "Karel Reisz: Director of 'Saturday Night and Sunday Morning'"[Ligazón morta] Independent.co.uk, 28 de novembro de 2002. Consultado o 18 de marzo de 2009