Alan Sillitoe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlan Sillitoe

Alan Sillitoe, 2009.
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1928
Nottingham, Reino Unido
Morte25 de abril de 2010
Londres, Reino Unido
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturacemiterio de Highgate Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , novelista , escritor de literatura infantil , poeta , guionista , autobiógrafo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRuth Fainlight (1959–2010)
Premios

IMDB: nm0798105 Allmovie: p179293
iTunes: 306151244 WikiTree: Sillitoe-45 Find a Grave: 51605525 Editar o valor em Wikidata

Alan Sillitoe, nado o 4 de marzo de 1928 e finado o 25 de abril de 2010, foi un escritor británico e un dos "xoves irados" dos 50s. Non lle gustaba esta etiqueta, como a moitos dos outros escritores aos que se lles aplicou.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sillitoe naceu en Nottingham, de pais obreiros. Ao igual que Arthur Seaton, o antiheroe da súa primeira novela Saturday Night and Sunday Morning, seu pai traballou na fábrica Raleigh.

Deixou de estudar aos 14 e traballou na fábrica Raleigh durante os seguintes catro anos, empregando o tempo libre en ler. Logo alistouse na Royal Air Force. Ao volver a Inglaterra, descubríuselle tuberculose e pasou 16 meses nun hospital da RAF.

Aos 21 anos concedéronlle unha paga de 45 xilins á semana e viviu en Francia e España durante sete anos intentando recuperarse. En 1955, mentres vivía en Mallorca coa súa compañeira, a poeta americana Ruth Fainlight, e en contacto co poeta Robert Graves, Sillitoe empezou a traballar en Saturday Night and Sunday Morning, que se publicou en 1958. Influenciado en parte pola prosa de Hemingway, o libro narra as vicisitudes vitais dun obreiro novo que se debe enfrontar ao final do seus flirteos de xuventude. Ao igual que Look Back in Anger, de John Osborne e Room at the Top, de John Braine, o verdadeiro tema da novela é o sentimento de desilusión da posguerra, e a ausencia de oportunidades para a clase obreira. Foi adaptada para o cine por Karel Reisz en 1960, con Albert Finney no papel de Arthur Seaton.

A narración curta The Loneliness of the Long Distance Runner, que trata a rebelión dun rapaz que está nun reformatorio e ten talento para correr, fíxolle merecedor do Hawthornden Prize en 1959. Tamén tivo unha adaptación cinematográfica, en 1962, dirixida por Tony Richardson e con Tom Courtenay no papel principal.

Casou logo con Ruth Fainlight, con quen tivo dous fillos, David e Susan e viviu en Londres.

Sillitoe escribiu moitas novelas e varios volumes de poesía. A súa autobiografía Life Without Armour recibiu moi boas críticas ao ser publicada en 1995, e explica a crudeza da súa infancia.

En 2007 publicouse Gadfly in Russia, unha crónica dos seus viaxes por Rusia nun abano de corenta anos. En 2008 reeditou A Start in Life, como parte da súa serie London Classics series e como celebración do seu 80º aniversario.

Un dos seus máximos desexos, facer unha nova versión cinematográficoa de Saturday Night Sunday Morning, non se puido cumprir. O intento foi bloqueado pola defunta Natasha Richardson, que era dona dos dereitos do libro dende que seu pai o adaptara nos 60s.

Morreu o 25 de abril de 2010 no Charing Cross Hospital, de cancro anos despois de telo diagnosticado.

Ficción[editar | editar a fonte]

  • Saturday Night and Sunday Morning, Londres: Allen, 1958; Nova York: Knopf, 1959. Nova edición con introdución de Sillitoe, comentarios e notas de David Craig. Na edición de Longman (1976) hai imaxes da película.
  • A soidade do corredor de fondo, Londres: Allen, 1959; Nova York: Knopf, 1960
  • The General, Londres: Allen, 1960; Nova York: Knopf, 1961
  • Key to the Door, Londres: Allen, 1961; Nova York: Knopf, 1962; reeditado, cun novo prefacio de Sillitoe, Londres: Allen, 1978
  • Road To Volgograd, Londres: Allen, 1964; Nova York: Knopf, 1964
  • The Death of William Posters, Londres: Allen, 1965; Nova York: Knopf, 1965
  • The City Adventures of Marmalade Jim, Londres: Macmillan, 1967; Toronto: Macmillan, 1967; edición revisada, Londres: Robson, 1977
  • A Tree on Fire, Londres: Macmillan, 1967; Garden City, NY: Doubleday, 1968
  • A Sillitoe Selection: Eight Short Stories,. Londres: Longman, 1968
  • A Start in Life, Londres: Allen, 1970; Nova York: Scribners, 1971
  • Travels in Nihilon, Londres: Allen, 1971; Nova York: Scribners, 1972
  • Men, Women and Children, Londres: Allen, 1973; Nova York: Scribners, 1974
  • From Canto Two of The Rats, Wittersham, Kent: Alan Sillitoe, 1973
  • Somme, Londres: Steam Press, 1974. En Steam Press Portfolio, no. 2. 50 copias
  • The Flame of Life, Londres: Allen, 1974
  • Down to the Bone, Exeter: Wheaton, 1976
  • Day-Dream Communiqué, Knotting, Bedfordshire: Sceptre Press, 1977. 150 copias
  • Big John and the Stars, Londres: Robson, 1977
  • The Widower's Son, Allen, 1976; Nova York: Harper & Row, 1977
  • The Incredible Fencing Fleas, Londres: Robson, 1978. Illus. Mike Wilks.
  • The Storyteller, Londres: Allen, 1979; Nova York: Simon & Schuster, 1980.
  • Marmalade Jim at the Farm, Londres: Robson, 1980
  • More Lucifer, Knotting, Bedfordshire: Martin Booth, 1980. 125 copias
  • Her Victory, Londres: Granada, 1982; Nova York: Watts, 1982
  • The Lost Flying Boat, Londres: Granada, 1983; Boston: Little, Brown, 1983
  • The Saxon Shore Way: From Gravesend to Rye, de Sillitoe and Fay Godwin. Londres: Hutchinson, 1983
  • Down from the Hill, Londres: Granada, 1984
  • Marmalade Jim and the Fox, Londres: Robson, 1984
  • Life Goes On, Londres: Granada, 1985
  • Out of the Whirlpool. Londres: Hutchinson, 1987
  • Every Day of the Week: An Alan Sillitoe Reader. Introd. John Sawkins. Londres: W. H. Allen, 1987.
  • The Open Door, Londres: Grafton/Collins, 1989
  • Last Loves, Londres: Grafton, 1990; Boston: Chivers, 1991
  • Leonard's War A Love Story. Londres: HarperCollins, 1991
  • Shylock the Writer, Londres: Turret Bookshop, 1991
  • The Mentality of the Picaresque Hero, Londres: Turret Bookshop, 1993, Turret Papers, no. 2. 500 copias
  • Snowstop, Londres: HarperCollins, 1993
  • Life Without Armour. Londres: HarperCollins, 1995. (autobiografía)
  • The Broken Chariot, Londres: Flamingo/HarperCollins, 1998
  • The German Numbers Woman, Londres: Flamingo/HarperCollins, 1999
  • Birthday, Londres: Flamingo/HarperCollins, 2001
  • A Man of His Time, Flamingo (Reino Unido), 2004, ISBN 0-00-717327-X; Harper Perennial (Estados Unidos), 2005. ISBN 0-00-717328-8; ISBN 978-0-00-717328-0

Cine[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Chopin’s Winter in Majorca 1838–1839, de Luis Ripall, traducido por Sillitoe. Palma de Majorca: Mossen Alcover, 1955
  • Chopin’s Pianos: The Pleyel in Majorca, de Luis Ripall, traducido por Sillitoe. Palma de Majorca: Mossen Alcover, 1958
  • All Citizens Are Soldiers (Fuente Ovejuna): A Play in Two Acts, de Lope de Vega traducida por Sillitoe e Ruth Fainlight. Londres: Macmillan, 1969; Chester Springs, PA: Dufour, 1969
  • Poems for Shakespeare, volume 7, editada e traducida por Sillitoe e Ruth Fainlight. Londres: Bear Gardens Museum & Arts Centre, 1980

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Without Beer or Bread, Dulwich Village: Outposts, 1957
  • The Rats and Other Poems, Londres: Allen, 1960
  • Falling Out of Love and Other Poems, Londres; Allen, 1964; Garden City, NY: Doubleday, 1964
  • Shaman: And Other Poems", Turret, 1968 Edición limitada de 500 copias, 100 copias asinadas e numeradas
  • Love in the Environs of Voronezh and Other Poems, Londres: Macmillan, 1968; Garden City, NY: Doubleday, 1969.
  • Poems, de Sillitoe, Ruth Fainlight e Ted Hughes; Londres: Rainbow Press, 1971. 300 copias
  • Barbarians and Other Poems, Londres: Turret Books, 1973. 500 copias
  • Storm: New Poems, Londres: Allen, 1974
  • From Snow on the North Side of Lucifer, Knotting, Bedfordshire: Sceptre Press, 1979. 150 copias
  • Snow on the North Side of Lucifer: Poems, Londres: Allen, 1979
  • Poems for Shakespeare 7, Bear Gardens Museum and Arts Centre, 1979 Edicións limitada a 500 copias, todas numeradas
  • Sun Before Departure: Poems, 1974–1982, Londres: Granada, 1984
  • Tides and Stone Walls: Poems, con fotografías de Victor Bowley; Londres: Grafton, 1986
  • Three Poems, Child Okefurd, Dorset: Words Press, 1988. 200 copias
  • Collected Poems, Londres: HarperCollins, 1993

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Mountains and Caverns: Selected Essays, Londres: Allen, 1975
  • Words Broadsheet Nineteen, de Sillitoe e Ruth Fainlight. Bramley, Surrey: Words Press, 1975. Broadside
  • “The Interview”, Londres: The 35s (Women’s Campaign for Soviet Jewry), 1976
  • Israel: Poems on a Hebrew Theme, con debuxos de Ralph Steadman; Londres: Steam Press, 1981 98 copias.
  • Alan Sillitoe’s Nottinghamshire, con fotografías de David Sillitoe. Londres: Grafton, 1987

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Three Plays, Londres: Allen, 1978 contén The Slot-Machine, The Interview, Pit Strike

Compilacións[editar | editar a fonte]

  • Every Day of the Week: An Alan Sillitoe Reader, cunha introdución a cargo de John Sawkins Londres: Allen, 1987
  • Collected Stories, Londres: Flamingo, 1995

Coleccións de narracións curtas[editar | editar a fonte]

  • The Ragman’s Daughter and Other Stories, Londres: Allen, 1963; Nova York: Knopf, 1964
  • Guzman, Go Home, and Other Stories, Londres: Macmillan, 1968; Garden City, NY: Doubleday, 1969; reed., cun novo prefacio de Sillitoe, Londres; Allen, 1979
  • Men, Women and Children, Londres: Allen, 1973; Nova York: Scribners, 1974
  • The Second Chance and Other Stories, Londres: Cape, 1981; Nova York: Simon & Schuster, 1981
  • The Far Side of the Street: Fifteen Short Stories, Londres: Allen, 1988
  • Collected Stories. Nova York: HarperCollins, 1996.
  • Alligator Playground: A Collection of Short Stories, Flamingo, 1997, ISBN 0-00-655073-8
  • New and Collected Stories, Carroll and Graf, 2005. ISBN 0-7867-1476-X

Autobiografía[editar | editar a fonte]

  • Raw Material, Londres: Allen, 1972; Nova York: Scribners, 1973; reed., Londres: Pan Books, 1974; novamente reed., Londres: Star Books, 1978; novamente reed., Londres: Allen, 1979
  • Life Without Armour, (HarperCollins, 1995) ISBN 0-00-255570-0, ISBN 978-0-00-255570-8