Jessica Lange

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jessica Lange
Jessica Lange face.JPG
Jessica Lange en 2008.
Nome completoJessica Phyllis Lange
Nacemento20 de abril de 1949 (69 anos)
LugarCloquet, Minnesota
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Etniaamericanos brancos
Parella(s)Mikhail Baryshnikov (1976–1982)
Sam Shepard (1982–2010)
Cónxuxe(s)Francisco Grande (1970–1981)
Fillos3
Profesiónactriz
Jessica Lange signature.JPG
editar datos en Wikidata ]

Jessica Phyllis Lange, nada en Cloquet, Minnesota o 20 de abril de 1949, é unha actriz de cinema, teatro e televisión estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou arte e fotografía na University of Minnesota, onde coñecería ao seu marido, o fotógrafo español Paco Grande. Tras casar dedicáronse a viaxar polos Estados Unidos e Europa[1] para finalmente instalarse en París. Alí traballou coma modelo, e foi así como a descubriu o produtor Dino De Laurentiis, que a contratou para o seu primeiro papel en King Kong.

O filme foi un éxito de público, pero non de crítica, e Lange non volvería actuar no cine ata tres anos despois en Empeza o espectáculo.

O seu primeiro grande éxito interpretativo obtívoo con The Postman Always Rings Twice, ao que seguiría Frances, co que lograría a súa primeira candidatura ao oscar á mellor actriz. Nesa mesma edición conseguiu o oscar á mellor actriz secundaria por Tootsie.

Durante os anos oitenta e noventa seguiu actuando en filmes, con descansos para dedicarse aos seus fillos (ten un fillo con Mikhail Baryshnikov e outros dous con Sam Shepard). Tamén participou en obras teatrais e en proxectos televisivos.

En 1994 gañou o seu segundo oscar con Blue Sky, filme póstumo do director Tony Richardson.

En 2011 participou na serie American Horror Story, que lle valeu novos premios de interpretación.

Nos últimos anos tamén fixo exposicións fotográficas.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1976 King Kong
1979 Empeza o espectáculo
1980 How to Beat the High Co$t of Living
1981 The Postman Always Rings Twice
1982 Tootsie
Frances
1984 Country
1985 Sweet Dreams
1986 Crimes of the Heart
1988 Far North
Everybody's All-American
1989 Music Box
1990 Men Don't Leave
1991 Cape Fear
1992 Night and the City
1994 Blue Sky
1995 Losing Isaiah
Rob Roy
1997 A Thousand Acres
1998 Hush
Cousin Bette
1999 Titus
2001 Prozac Nation
2003 Masked and Anonymous
Big Fish
2005 Broken Flowers
Don't Come Knocking
Neverwas
2006 Bonneville
2012 The Vow

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biography.com (ed.). "Jessica Lange Biography". Consultado o 2 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]