KK Budućnost Podgorica
Budućnost Voli | |
![]() |
|
Información xeral | |
---|---|
Liga | Prva A Liga |
Fundación | 1949 |
Cores | Azul, branco |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Morača Sports Center |
Capacidade | 4.570 |
Inauguración | 1978 |
Campionatos | |
Liga SeM | 3 (1999−2001) |
Liga MNE | 9 (2007−2015) |
Copa SeM | 3 (1996, 1998, 2001) |
Copa MNE | 8 (2007−2012, 2014−2015) |
kkbuducnost.me |
O KK Budućnost Podgorica é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Podgorica, Montenegro. Forma parte do club polideportivo Budućnost Podgorica. O equipo compite actualmente na Opportunity League, a máxima competición do baloncesto montenegrino, así como na Liga do Adriático, na que é o único representante do seu país.
O club foi fundado en 1949 en Titogrado (actualmente Podgorica). O club tardou máis de 30 anos en competir no máximo nivel do baloncesto de Iugoslavia, a SFR Yugoslavia. Na tempada 1980-81 foi cando o club montenegrino xogou por primeira vez na elite. Logo de sete anos consecutivos na elite, o Budućnost descendeu á liga inferior ao finalizar a tempada 1987-88. Porén non pasaría moito tempo ata que o equipo volvese á máxima categoría, xa que na tempada 1989-90 gañou a promoción de novo.
No período entre 1992 e 2006, o Budućnost participou na FR Yugoslavia, a máxima categoría o baloncesto en Serbia e Montenegro, acadando moitos resultados importantes nesta época. Nas tempadas 1995-96 e 1997-98 o equipo gañou a Copa de Iugoslavia, e pouco despois o equipo gañaría o título de liga iugoslava tres tempadas consecutivas: 1998-99, 1999-00 e 2000-01.
Xogadores destacados[editar | editar a fonte]
- Žarko Paspalj.
- Igor Rakočević.
- Dejan Tomašević.
- Duško Ivanović.
- Vlado Šćepanović.
- Nikola Bulatović.
- Aleksandar "Sasha" Pavlović.