Saltar ao contido

Junípero Serra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJunípero Serra

(1774) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalJunípero Serra Ferrer
Biografía
NacementoMiguel José Serra Ferrer
24 de novembro de 1713 Editar o valor en Wikidata
Casa del Beat Juníper Serra (Coroa de Aragón) Editar o valor en Wikidata
Morte28 de agosto de 1784 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Mission San Carlos Borromeo de Carmelo (Imperio Español) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMission San Carlos Borromeo de Carmelo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesO apóstolo de California [1]
Relixióncatólica
Formación profesionalDoutor en Filosofía e Teoloxía
EducaciónConvento de San Francisco de Palma de Mallorca
Q89547790Creación e dirección de numerosas Misións en California (Nova España)
Actividade
Lugar de traballo California Editar o valor en Wikidata
OcupaciónFreire da Orde dos Freires Menores Descalzos
Evanxelizador de California
EmpregadorOrde dos Freires Menores Descalzos
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa1 de xullo Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisAntonio Serra Editar o valor en Wikidata  e Margarita Ferrer Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Junipero, Miguel José Serra)
Obálky knih,
The Encyclopedia Americana (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1035925 WikiTree: Serra-108 Find a Grave: 2832 Editar o valor en Wikidata

Junípero Serra Ferrer O.F.M., nado en Petra (Mallorca) o 24 de novembro de 1713 e finado en Monterey (Alta California) o 28 de agosto de 1784, foi un freire franciscano balear. Foi bautizado como Miguel José Serra Ferrer, e é máis coñecido tradicionalmente como frei Junípero Serra. Doutor en Filosofía e Teoloxía, trasladouse a América, onde fundou nove Misións españolas na Alta California, e presidiu outras quince.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Naceu o 24 de novembro de 1713 en Petra, Mallorca, daquela unha poboación de canteiros e labradores, do matrimonio formado por Antonio Serra e Margarita Ferrer.[3] O seu nome de bautismo era Miguel José.[4][5]

Os seus pais eran analfabetos,[6] pero ingresaron ao seu fillo na escola do convento franciscano de San Bernardino en Petra, e de aí pasou a ampliar estudos no convento de San Francisco de Palma de Mallorca. Aos 16 anos fíxose freire, e cambiou o seu nome polo de Junípero. O seu interese pola filosofía viuse alimentado por Ramon Llull. Dedicouse á docencia de filosofía de 1740 a 1743 no Convento de San Francisco,[6] e despois ocupou a cátedra de teoloxía Escotista na Universidade Luliana.[3]

Apostolado

[editar | editar a fonte]

En calidade de padre presidente fundou unha serie de Misións e atendeu á fundación doutras, cun total de nove Misións. A primeira das Misións fundadas por el foi a de San Diego de Alcalá, o 16 de jullo de 1769;[7] a misión encóntrase dentro do actual concello de San Diego. Estableceu a súa sede central na Misión de San Carlos Borromeo de Carmelo,[2] fundada por el en 1770.[7]

En xullo de 1771 fundou a Misión de San Antonio de Padua, e en agosto, a de San Gabriel]], esta última na actual área metropolitana dos Ánxeles.[7] O 1 de setembro de 1772 fundou a Misión de San Luis Obispo de Tolosa.[7] Tamén tivo participación na fundación da Misión de San Juan Capistrano en 1776, e na de San Buenaventura en 1782. Sábese que visitou as misións de Santa Clara de Asís e de San Francisco de Asís, esta última na localidade de San Francisco.

As Misións foron creadas primordialmente para evanxelizar aos nativos. Outro obxectivo foi a integración destas persoas na sociedade española e a súa capacitación para asumir a propiedade e a xestión da terra. Como cabeza da Orde en California, Serra non soamente lidou con cargos relixiosos, senón tamén con outras autoridades españolas en cidade de México e cos oficiais militares locais que mandaban as gornicións achegadas.

Beatificación e canonización

[editar | editar a fonte]

Foi beatificado polo papa san Xoán Paulo II o 28 de setembro de 1988.[8] O 23 de setembro de 2015 foi canonizado polo papa Francisco, na cidade de Washington D. C..[9] A partir dese momento é tamén coñecido como San Junípero Serra.

  1. La Vanguardia, ed. (7 de maio de 2015). "El papa aprueba el decreto de canonización de Fray Junípero Serra". Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Serra Club of Bethlehem, Pennsylvania (ed.). "Blessed Junípero Serra 1713-1784". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Muñiz, Gabriel (2014). "El evangelizador. Fray Junípero Serra, un misionero español en California". Historia de Iberia Vieja (107). 
  4. "Beato Junípero Serra (1713-1784), Apóstol de Sierra Gorda y California". Directorio Franciscano. Santoral Franciscano. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  5. Claudio Leonardi, Andrea Riccardi e Gabriella Zarri (2000). Diccionario de los Santos, Volume II. Madrid: Editorial San Pablo. p. 2272. ISBN 978-84-2852-257-1. 
  6. 6,0 6,1 Salustiano Vicedo Franciscanos.org. "Beato Junípero Serra (1713-1784), Apóstol de Sierra Gorda y California". Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Fundación Junípero Serra FundacionSerra.com. "Bosquejo bibliográfico y perfil espiritual del Siervo de Dios". Consultado o 14 de febeiro de 2020. 
  8. Franciscanos.org. "Beato Junípero Serra (1713-1784) (do caderno distribuído na súa beatificación)". Directorio Franciscano - Santoral Franciscano. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  9. Fray Junípero Serra será canonizado en septiembre por el Papa en Estados Unidos Diario de Mallorca, 15-01-2015. Consulyado o 14 de febreiro de 2020.