Juan Rodríguez Villamuela
Juan Rodríguez | |||
---|---|---|---|
Juan Rodríguez xogando para o Deportivo. | |||
Información persoal | |||
Nome | Juan Antonio Rodríguez Villamuela | ||
Nacemento | 1 de abril de 1982 (42 anos) | ||
Lugar de nacemento | Málaga | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Getafe | ||
Número | 22 | ||
Carreira xuvenil | |||
Málaga | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2000–2004 | Málaga B | 111 | (16) |
2003–2006 | Málaga | 58 | (6) |
2006–2011 | Deportivo da Coruña | 160 | (11) |
2011– | Getafe | 75 | (3) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 21 de xaneiro de 2013. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan Antonio Rodríguez Villamuela, máis coñecido como Juan Rodríguez, nado en Málaga o 1 de abril de 1982, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Getafe CF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Conseguiu o ascenso do Málaga CF B a Segunda División, sendo pouco despois ascendido ao primeiro equipo. Co descenso do Málaga CF a Segunda División na campaña 2005–06, Juan Rodriguez foi contratado polo Deportivo da Coruña o 13 de xullo de 2006.
Cando chegou ao Deportivo non contou co apoio do por aquel entón adestrador Joaquín Caparrós, xa que para o técnico era a última opción por detrás dos seus compañeiros Sergio e De Guzmán e soamente estaba por diante de Duscher a quen o míster tiña condenado ao ostracismo. Coa chegado ao equipo de Miguel Ángel Lotina en 2007 e unido á venda de Duscher, ao baixo rendemento de De Guzmán e ás constantes lesións do substituto de Antonio Tomás, abríronselle as portas da titularidade a cal non abandonou desde que a estreou, chegando a relegar ao banco a un dos capitáns branquiazuis, Sergio. Actualmente forma a dupla de medio co capitán facendo a función de medio de contención, recuperador de balóns e interceptor de pases.
O 11 de decembro de 2010 alcanzou os 200 partidos en Primeira División, nun encontro entre o Atlético de Madrid e o Deportivo (2–0).[1]
Estatísticas[editar | editar a fonte]
Tempada | Club | País | Competición | App | Gls |
---|---|---|---|---|---|
2003–04 | Málaga B | España | Segunda División | 12 | 2 |
2003–04 | Málaga CF | España | Primeira División | 2 | 0 |
2004–05 | Málaga CF | España | Primeira División | 27 | 5 |
2005–06 | Málaga CF | España | Primeira División | 29 | 1 |
2006–07 | RC Deportivo | Galicia | Primeira División | 31 | 4 |
2007–08 | RC Deportivo | Galicia | Primeira División | 26 | 1 |
2008–09 | RC Deportivo | Galicia | Primeira División | 37 | 2 |
2009–10 | RC Deportivo | Galicia | Primeira División | 35 | 3 |
Total | 199 | 18 |