Juan Rodríguez Villamuela
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 1 de abril de 1982 Málaga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 22 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Juan Antonio Rodríguez Villamuela, máis coñecido como Juan Rodríguez, nado en Málaga o 1 de abril de 1982, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Getafe CF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Conseguiu o ascenso do Málaga CF B a Segunda División, sendo pouco despois ascendido ao primeiro equipo. Co descenso do Málaga CF a Segunda División na campaña 2005–06, Juan Rodriguez foi contratado polo Deportivo da Coruña o 13 de xullo de 2006.
Cando chegou ao Deportivo non contou co apoio do por aquel entón adestrador Joaquín Caparrós, xa que para o técnico era a última opción por detrás dos seus compañeiros Sergio e De Guzmán e soamente estaba por diante de Duscher a quen o míster tiña condenado ao ostracismo. Coa chegado ao equipo de Miguel Ángel Lotina en 2007 e unido á venda de Duscher, ao baixo rendemento de De Guzmán e ás constantes lesións do substituto de Antonio Tomás, abríronselle as portas da titularidade a cal non abandonou desde que a estreou, chegando a relegar ao banco a un dos capitáns branquiazuis, Sergio. Actualmente forma a dupla de medio co capitán facendo a función de medio de contención, recuperador de balóns e interceptor de pases.
O 11 de decembro de 2010 alcanzou os 200 partidos en Primeira División, nun encontro entre o Atlético de Madrid e o Deportivo (2–0).[1]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Tempada | Club | País | Competición | App | Gls |
|---|---|---|---|---|---|
| 2003–04 | Málaga B | Segunda División | 12 | 2 | |
| 2003–04 | Málaga CF | Primeira División | 2 | 0 | |
| 2004–05 | Málaga CF | Primeira División | 27 | 5 | |
| 2005–06 | Málaga CF | Primeira División | 29 | 1 | |
| 2006–07 | RC Deportivo | Primeira División | 31 | 4 | |
| 2007–08 | RC Deportivo | Primeira División | 26 | 1 | |
| 2008–09 | RC Deportivo | Primeira División | 37 | 2 | |
| 2009–10 | RC Deportivo | Primeira División | 35 | 3 | |
| Total | 199 | 18 |