Antonio Tomás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Tomás
TOMAS IN CSKA.jpg
Antonio Tomás no CSKA Sofia.
Información persoal
Nome completoAntonio Tomás González
Nacemento19 de xaneiro de 1985 (33 anos)
LugarTorrelavega, España
Altura1,78 m.
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualVeria
Número8
Carreira xuvenil
Racing de Santander
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2003–2005Racing B
2005–2006Racing de Santander23(0)
2006–2011Deportivo da Coruña75(0)
2006–2007Racing (cedido)20(0)
2011–2012Zaragoza3(0)
2012CSKA Sofia10(0)
2012–2016Numancia79(3)
2016–Veria0(0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 4 de xuño de 2016.
† Aparicións (Goles)

Antonio Tomás González, nado en Torrelavega o 19 de xaneiro de 1985, é un futbolista español. Xoga como centrocampista e o seu actual equipo é o Veria FC grego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antonio Tomás chegou ao Racing de Santander despois de pasar polas categorías inferiores do club, facendo o seu debut o 30 de novembro de 2005 nun encontro entre o Valencia CF e o Racing de Santander no estadio de Mestalla.

En 2006, foi contratado polo Deportivo nunha operación que levou a Pedro Munitis ao Racing e trouxo ao Dépor a Antonio Tomás e máis a Dudu Aouate, que o cedeu durante a tempada 2006–07 ao seu antigo club. Debutou co Deportivo na campaña 2007–08, nun partido contra o FC Barcelona o 9 de decembro, no Camp Nou.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]