Juan Fernando López Aguilar
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Juan Fernando López Aguilar, nado o 10 de xuño de 1961 en Las Palmas de Gran Canaria, é un político e xurista español do PSOE. Deputado pola provincia das Palmas desde a VII lexislatura. Desde o 18 de abril de 2004 ata o 12 de febreiro de 2007 foi Ministro de Xustiza do goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Afeccionado ó debuxo, comezou publicando caricaturas no diario canario La Provincia. Foi autor dunha serie de cómic chamada Gaudeamus, realizada conxuntamente con Andrés Sopeña Monsalve, profesor de Dereito da Universidade de Granada, e durante a súa estancia nesta Universidade. Apareceu regularmente no periódico Sur de Málaga. En 1981 editouse unha recompilación destas tiras, baseadas nas andanzas e desventuras dun PNN (Profesor Non Numerario).
Licenciado en Dereito pola Universidade de Granada con Premio Extraordinario e Premio Nacional Fin de Carreira (1984).[1] Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Mestrado en Dereito e Diplomacia pola Fletcher School of Law and Diplomacy (Tufts University). Doutor en Dereito pola Universidade de Boloña, con premio extraordinario. Desde 1993 ocupa a Cátedra de Dereito Constitucional da Universidade das Palmas de Gran Canaria. Catedrático Jean Monnet de Dereito e Integración Europea desde 1999.
Ingreso no PSOE
[editar | editar a fonte]Está afiliado ó Partido Socialista desde o ano 1983. En 1990, foi nomeado asesor executivo do Gabinete do Ministro de Xustiza Enrique Múgica e posteriormente desempeñou o cargo de Xefe de Gabinete dos Ministerios de Administracións Públicas (1993) e Educación e Ciencia. En 1999 coordinou a candidatura socialista á presidencia do Goberno das Canarias. No 35 Congreso Federal do PSOE foi elixido Secretario de Liberdades Públicas e Desenvolvemento autonómico. Desde 1996 é deputado da cámara baixa española.
Candidatura á presidencia das Canarias
[editar | editar a fonte]O 28 de outubro de 2006, é oficialmente designado candidato do PSOE á presidencia das Canarias para as eleccións autonómicas de 2007, anunciándose o 7 de febreiro de 2007 a súa substitución, á fronte do Ministerio de Xustiza, polo fiscal Mariano Fernández Bermejo.
O 18 de abril de 2007 viuse obrigado a pedir desculpas publicamente tras saír á luz que un dos documentos electorais presentados polo PSOE nas Canarias ("125 medidas do primeiro ano de goberno") fora plaxiado dos que incluíron Cidadáns - Partido da Cidadanía no seu programa nas eleccións ó parlamento catalán o ano anterior.[2][3]
Resultados
[editar | editar a fonte]A súa candidatura nas eleccións foi a máis votada e a que obtivo o maior número de deputados no Parlamento das Canarias (26 de 60), pero un pacto entre Coalición Canaria (19 deputados) e o Partido Popular (15 deputados), desbancouno da presidencia rexional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografía - Juan Fernando López Aguilar - Web oficial". juanfernandolopezaguilar.es (en castelán). Consultado o 20-3-2018.
- ↑ "Ciutadans denuncia que el programa del PSOE para Canarias es un plagio del suyo". www.elmundo.es. Consultado o 2020-03-29.
- ↑ "Dimite el asesor del PSOE de Canarias que plagió el programa de Ciutadans". www.elmundo.es. Consultado o 2020-03-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Fernando López Aguilar |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)
Predecesor: José María Michavila |
Ministro de Xustiza de España 2004 - 2007 |
Sucesor: Mariano Fernández Bermejo |
- Ministros de Xustiza de España
- Europarlamentarios do S&D
- Nados nas Palmas de Gran Canaria
- Nados en 1961
- Catedráticos da Universidade das Palmas de Gran Canaria
- Alumnos da Universidade de Granada
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Europarlamentarios de España (2009-2014)
- Europarlamentarios de España (2014-2019)
- Europarlamentarios de España (2019-2024)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)