Juan Fernando López Aguilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Fernando López Aguilar
Nacemento10 de xuño de 1961
Lugar de nacementoAs Palmas de Gran Canaria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Granada, Universidade Complutense de Madrid, Universidade de Boloña, The Fletcher School of Law and Diplomacy e Universidade Tufts
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, xurista e caricaturista
PremiosGran Cruz da Orden de Carlos lll e Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort
Na rede
IMDB: nm2024906 Facebook: JFLAguilar Twitter: JFLopezAguilar Dialnet: 106670 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Juan Fernando López Aguilar, nado o 10 de xuño de 1961 en Las Palmas de Gran Canaria, é un político e xurista español do PSOE. Deputado pola provincia das Palmas desde a VII lexislatura. Desde o 18 de abril de 2004 ata o 12 de febreiro de 2007 foi Ministro de Xustiza do goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Afeccionado ó debuxo, comezou publicando caricaturas no diario canario La Provincia. Foi autor dunha serie de cómic chamada Gaudeamus, realizada conxuntamente con Andrés Sopeña Monsalve, profesor de Dereito da Universidade de Granada, e durante a súa estancia nesta Universidade. Apareceu regularmente no periódico Sur de Málaga. En 1981 editouse unha recompilación destas tiras, baseadas nas andanzas e desventuras dun PNN (Profesor Non Numerario).

Licenciado en Dereito pola Universidade de Granada con Premio Extraordinario e Premio Nacional Fin de Carreira (1984).[1] Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Mestrado en Dereito e Diplomacia pola Fletcher School of Law and Diplomacy (Tufts University). Doutor en Dereito pola Universidade de Boloña, con premio extraordinario. Desde 1993 ocupa a Cátedra de Dereito Constitucional da Universidade das Palmas de Gran Canaria. Catedrático Jean Monnet de Dereito e Integración Europea desde 1999.

Ingreso no PSOE[editar | editar a fonte]

Está afiliado ó Partido Socialista desde o ano 1983. En 1990, foi nomeado asesor executivo do Gabinete do Ministro de Xustiza Enrique Múgica e posteriormente desempeñou o cargo de Xefe de Gabinete dos Ministerios de Administracións Públicas (1993) e Educación e Ciencia. En 1999 coordinou a candidatura socialista á presidencia do Goberno das Canarias. No 35 Congreso Federal do PSOE foi elixido Secretario de Liberdades Públicas e Desenvolvemento autonómico. Desde 1996 é deputado da cámara baixa española.

Candidatura á presidencia das Canarias[editar | editar a fonte]

O 28 de outubro de 2006, é oficialmente designado candidato do PSOE á presidencia das Canarias para as eleccións autonómicas de 2007, anunciándose o 7 de febreiro de 2007 a súa substitución, á fronte do Ministerio de Xustiza, polo fiscal Mariano Fernández Bermejo.

O 18 de abril de 2007 viuse obrigado a pedir desculpas publicamente tras saír á luz que un dos documentos electorais presentados polo PSOE nas Canarias ("125 medidas do primeiro ano de goberno") fora plaxiado dos que incluíron Cidadáns - Partido da Cidadanía no seu programa nas eleccións ó parlamento catalán o ano anterior.[2][3]

Resultados[editar | editar a fonte]

A súa candidatura nas eleccións foi a máis votada e a que obtivo o maior número de deputados no Parlamento das Canarias (26 de 60), pero un pacto entre Coalición Canaria (19 deputados) e o Partido Popular (15 deputados), desbancouno da presidencia rexional.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía - Juan Fernando López Aguilar - Web oficial". juanfernandolopezaguilar.es (en castelán). Consultado o 20-3-2018. 
  2. "Ciutadans denuncia que el programa del PSOE para Canarias es un plagio del suyo". www.elmundo.es. Consultado o 2020-03-29. 
  3. "Dimite el asesor del PSOE de Canarias que plagió el programa de Ciutadans". www.elmundo.es. Consultado o 2020-03-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José María Michavila
 
Ministro de Xustiza de España
 
2004 - 2007
Sucesor:
Mariano Fernández Bermejo