João Mendonça
João Mendonça | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | João Francisco Mendonça Júnior | ||
Nacemento | 16 de decembro de 1929 | ||
Lugar de nacemento | Luanda | ||
Falecemento | 15 de xaneiro de 2012 | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Sporting de Lisboa | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1949–1953 | Juventude de Évora | ||
1953–1954 | Vitória de Setúbal | 20 | (13) |
1954–1957 | Torreense | 42 | (24) |
1957–1958 | Sporting de Braga | 14 | (6) |
1958–1960 | Vitória de Setúbal | 31 | (12) |
1960–1961 | Gil Vicente | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
João Francisco Mendonça Júnior, nado en Luanda o 16 de decembro de 1929 e finado o 15 de xaneiro de 2012, foi un futbolista portugués, de orixe angolana. Xogaba de dianteiro e era irmán dos tamén futbolistas Fernando e Jorge Mendonça.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Luanda, capital da África Occidental Portuguesa. Súa nai era angolana e seu pai un portugués enviado a Angola para traballar no Observatorio Meteorolóxico. Este foi fundador do Sporting Clube de Luanda.[1] A familia trasladouse logo a Portugal. Alí comezou a xogar xunto a seus irmáns na canteira do Sporting de Lisboa. Militou no Juventude de Évora, no Vitória de Setúbal, no Torreense, e no Sporting de Braga.
En 1958 chegou a Galicia xunto aos seus irmáns Fernando e Jorge para tentar salvar ao Deportivo da Coruña do descenso á Terceira División, cando só faltaban unhas poucas xornadas para o remate da tempada e o club ocupaba postos de descenso directo. Pero finalmente non puido xogar debido a problemas burocráticos, aínda que si o fixeron seus irmáns.[2][3] Regresou entón a Portugal, onde xogou de novo no Vitória e logo no Gil Vicente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Giraldo, Javier (1 de febreiro de 2018). "Jorge Alberto Mendoza, la increíble historia del culé que se hizo predicador". Sport (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020.
- ↑ "Cartabia, Braga y los Mendonça". La Opinión A Coruña (en castelán). 6 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de decembro de 2021.
- ↑ "El Deportivo venció al Sporting de Braga por dos tantos a uno". La Noche (en castelán) (11585). 2 de maio de 1958. p. 6. Consultado o 28 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en zerozero.pt (en portugués).