José Bouchet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Bouchet

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1848 Editar o valor em Wikidata
Xanza, España Editar o valor em Wikidata
Morte1919 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

José Bouchet Blanco, nado en Xanza, Valga, o 19 de marzo[1] ou 19 de abril[2][3] de 1848[4][5] ou 1852[1][2][3][6] (segundo as fontes) e finado en Buenos Aires o 6 de marzo[1][2] ou 16 de marzo[4] ou 6 de abril[3] de 1919, foi un pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha galega e un francés que caera prisioneiro na Batalla de Ponte Sampaio (1809), José emigrou cos pais á Arxentina sendo neno e alí foi discípulo do uruguaio Juan Manuel Blanes.[4]

En 1875 nacionalizouse arxentino, para optar a unha bolsa do goberno, que lle permitiu estudar en Florencia, Italia, con Antonio Ciseri. Viaxou a Francia, España, Cuba, México, Porto Rico, Estados Unidos de América e Chile. De volta na Arxentina, foi membro da sociedade de artistas La colmena e do Centro Gallego de Buenos Aires. Moitas das súas obras apareceron publicadas en varias edicións do Almanaque Gallego, dende o ano 1897[7] ata 1917.

Entre as súas obras destacan: La llegada de las caravelas a San Salvador, Tropas en el Chaco, La primera misa-fundación de Buenos Aires por D. Juan de Garay, El ejército de los Andes saliendo del Plumerillo, El fusilamiento de Liniers, La batalla de Salta, Un gaucho, Un amateur e varios retratos, como o do xeneral Belgrano, Juárez Celman, Capdevilla, a señora Lavalle, Campos, Uriquiza e, especialmente, o de Rosalía Castro de Murguía, feito para os actos que se celebraron na súa honra en Buenos Aires en 1897.[1]

Teñen pinturas de Bouchet, entre outras institucións, a Deputación da Coruña, o Museo Histórico Nacional da Arxentina, o Museo Nacional de Bellas Artes da Argentina ou o Museo Municipal de Bellas Artes Juan B. Castagnino de Rosario, e tamén diversas coleccións privadas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]