Saltar ao contido

Joseph Menna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoseph Menna
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Gloucester Township, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Arte de Nova York
Universidade das Artes
Highland Regional High School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor, deseñador, gravador Editar o valor en Wikidata

Joseph F. Menna, nado o 17 de marzo de 1970 en Gloucester, Nova Jersey, é un escultor e deseñador e gravador de moedas e medallas estadounidense, que ocupa o posto de gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos desde febreiro de 2019.[1]

Como escultor desenvolve o seu traballo tanto en formatos tradicionais como en medios dixitais.

A marca de gravador que estampa nas moedas e medallas da súa responsabilidade é JM.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de cursar a educación secundaria na Highland Regional High School, na súa localidade natal[2], Menna cursou os seus estudos artísticos na Universidade das Artes, en Filadelfia, onde se graduou en 1992. En 1994 acadou o grao de mestrado na Academia de Arte de Nova York,[1] e posteriormente completou a súa formación artística na Academia de Arte e Industria Stieglitz, en San Petersburgo,[3] na Liga de Estudantes de Arte, en Nova York, e no Centro de Escultura de Manhattan, na mesma cidade.[4][5]

En 2005, Menna ingresou na Casa da Moeda dos Estados Unidos como gravador medallista,[4] e cinco anos despois gravou unha das súas obras máis populares: o reverso da nova moeda dun centavo posta en circulación ese mesmo ano, sobre un deseño de Lyndall Bass. A moeda amosa no seu campo as iniciais de ambos os autores: LB e JFM.[6]

En febreiro de 2019, Menna foi nomeado gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos, un posto que estaba vacante desde o retiro de John Mercanti en 2010.[1][4][3]

Con anterioridade á súa vinculación á US Mint, Menna traballara como escultor e como docente nun obradoiro de fundición artística en Nova York, e creou figuras de tamaño natural e desenvolveu proxectos dixitais para diferentes compañías, como DC Comics, Fisher-Price ou Hasbro, entre outras. Entre as súas esculturas destaca unha elaborada en cuproníquel, de máis de 9 metros de altura para a estación de ferrocarril de Hamilton, en Nova Jersey.[4][5]

Varias das súas obras foron galardoadas co Premio Moeda do Ano, outorgado pola editora Krause Publications. Ademais da súa dedicación á Casa da Moeda dos Estados Unidos, Joseph Menna mantén a súa actividade independente como deseñador de xoguetes e obxectos coleccionables, e está recoñecido como un dos principais representantes mundiais da escultura dixital.[4][5][7] Neste ámbito destaca a súa escultura conceptual dixital para a Estatua da Unidade, situada en Gujarat, na India.[8]

Mena reside en Bordentown, Nova Jersey, xunto coa súa esposa, Julianna, e os seus tres fillos.[2]

Esta é unha escolma dos traballos máis representativos de Joseph Mena como gravador da US Mint:[4][9]

Galería de traballos de Joseph Menna

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 Smith, P. (2012).
  2. 2,0 2,1 Mucha, P. (2014).
  3. 3,0 3,1 Golino, L. (2019).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Joseph Menna. Chief Engraver". United States Mint.
  5. 5,0 5,1 5,2 "New Chief Engraver at United States Mint". En Coins Weekly. 6 de marzo de 2019.
  6. "1 Cent "Lincoln Cent - Shield Reverse"". Numista.com
  7. "No Ordinary Joe: Joseph Menna, Medallic Sculptor". United States Mint.
  8. "American artist Joseph Menna commissioned to make statue of Sardar Vallabhai Patel in Gujarat". En The American Bazar. 14 de abril de 2014.
  9. "Joseph Menna". Numista.com
  10. "1 Dollar George Washington". Numista.com
  11. "1 Dollar Thomas Jefferson". Numista.com
  12. "1 Dollar James Monroe". Numista.com
  13. "1 Dollar William Henry Harrison". Numista.com
  14. "1 Dollar Dwight D. Eisenhower". Numista.com
  15. "1 Dollar Ronald Reagan". Numista.com
  16. "1 Dollar George H. W. Bush". Numista.com
  17. "¼ Dollar "Washington Quarter" Utah". Numista.com
  18. "¼ Dollar "Washington Quarter" Arizona". Numista.com
  19. "¼ Dollar "Washington Quarter" Puerto Rico". Numista.com
  20. "¼ Dollar "Washington Quarter" U.S. Virgin Islands". Numista.com
  21. "10 Dollars Martha Washington; Bullion Coinage". Numista.com
  22. "10 Dollars Abigail Adams; Bullion Coinage". Numista.com
  23. "10 Dollars Louisa Adams; Bullion Coinage". Numista.com
  24. "10 Dollars Anna Harrison; Bullion Coinage". Numista.com
  25. "5 Dollars San Francisco Old Mint Centennial". Numista.com
  26. "1 Dollar George Washington". Numista.com
  27. "1 Dollar William Henry Harrison". Numista.com
  28. "¼ Dollar "Washington Quarter" Utah". Numista.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Predecesor:
John Mercanti

Gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos

Desde 2019
Sucesor:
No cargo