Josep Maria Jujol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josep Maria Jujol
Jujol-JosepMaria-9119.jpg
Nacemento16 de novembro de 1879
Lugar de nacementoTarragona, Cataluña Cataluña
Falecemento1 de maio de 1949 (69 anos)
Lugar de falecementoBarcelona, Cataluña Cataluña
SoterradoCamposanto de Montjuïc
NacionalidadeEspaña
OcupaciónArquitecto, deseñador e pintor
CónxuxeTeresa Gibert
Coñecido porCasa Batlló
editar datos en Wikidata ]

Josep Maria Jujol i Gibert, nado en Tarragona o 16 de setembro del 1879, e finado en Barcelona o 1 de maio del 1949, foi un arquitecto, debuxante, deseñador e pintor modernista catalán. Dedicouse á docencia tanto na Escola d'Arquitectura como na Escola del Treball, tamén en Barcelona. Foi arquitecto municipal de Sant Joan Despí, onde se atopan moitos dos edificios que construíu.

Foi un salientable aquarelista e debuxante, e creou todo tipo de obxectos e elementos complementarios como mobles, lámpadas ou ascensores. Esta vertente súa, xunto co seu dominio do emprego das cores, fan senlleira a súa obra, que decote se atopa complementando outros arquitectos. As colaboracións con máis sona fíxoas na obra de Gaudí, a cal permitía recoller a liberdade no uso das formas e nas cores que Jujol imprimía na súa creación.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mònica Maspoch (2009). Ajuntament de Barcelona, ed. Galeria d'autors. ISBN 978-84-96696-02-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]