Josep-Lluís Carod-Rovira
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Josep-Lluís Carod-Rovira, nado en Cambrils, provincia de Tarragona, o 17 de maio de 1952, é un político e filólogo catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filoloxía Catalá e exerceu como técnico superior de planificación lingüística da Generalitat de Catalunya entre 1981 e 1988 e xefe dos Servizos Territoriais de Cultura do Goberno autonómico catalán en Tarragona (1982-1984).
Desde moi novo militou en movementos políticos a favor da independencia de Cataluña. En 1970 comezou a súa militancia no Partit Socialista d'Alliberament Nacional. Por mor do seu activismo político, en 1973 foi feito preso, neste caso por pertencer á Assemblea de Catalunya.
Poucos anos despois, en 1977 abandonou o PSAN, e en 1980 encabezou a candidatura dos Nacionalistes d'Esquerres na circunscrición de Tarragona. Porén, en 1986 abandonou esta formación e publicou o seu artigo Crida Nacional a ERC (en galego, Berro Nacional a ERC), propondo a renovación do histórico partido republicano cara a teses expresamente independentistas.
Entrada en Esquerra
[editar | editar a fonte]Comezou a militar en Esquerra Republicana de Catalunya e conseguiu acta de deputado do Parlamento de Cataluña en 1988. No congreso de Lleida (1989), Carod-Rovira presentou a súa candidatura para a Secretaría Xeral do partido, pero retirouna na segunda volta posto que Àngel Colom permitira o triunfo das teses independentistas no partido. Porén, o propio Colom protagonizaría en 1996 unha escisión en Esquerra, creando o Partit per la Independència.
A marcha de Colom producíase pouco antes do Congreso de Vilafranca, co que ficaba vacante o posto de secretario xeral, cargo este para o que Carod-Rovira foi elixido como home de consenso. Xa en 1999 (e posteriormente en 2003), o de Cambrils encabezou a candidatura de Esquerra ao Parlamento de Cataluña. Co triunfo en 2003 da alianza postelectoral entre o Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC), Iniciativa per Catalunya-Els Verds (IC-V) e a propia ERC, o líder republicano foi nomeado Conseller en Cap (cargo de funcións similares a vicepresidente) da Generalitat de Catalunya.
Porén, apenas un mes despois de ter sido elixido para o cargo, Carod-Rovira viuse na obriga de dimitir, xa que se fixo pública unha reunión que mantivo con dirixentes da banda terrorista ETA, substituíndoo no cargo Josep Bargalló i Valls.
Mesmo así, repetiu candidatura á presidencia da Generalitat para as eleccións que se celebraron o 1 de novembro de 2006. Logo de intensas negociacións postelectorais, reeditouse o chamado tripartito (alianza entre o PSC, ERC e ICV-Els Verds). Con José Montilla na presidencia, Carod-Rovira foi investido vicepresidente da Generalitat, un cargo que até o momento non existía formalmente con esa denominación.
Predecesor: Àngel Colom |
ERC Secretario Xeral de ERC 1996 - 2004 |
Sucesor: Joan Puigcercós |
Predecesor: Artur Mas |
Conselleiro primeiro do Goberno de Cataluña 2003 - 2004 |
Sucesor: Josep Bargalló i Valls |
Predecesor: Jordi Carbonell |
ERC Presidente de ERC 2004 - 2008 |
Sucesor: Joan Puigcercós |
Predecesor: Ningún Con anterioridade: Joan Casanovas (1931 - 1932) |
Vicepresidente do Goberno de Cataluña 2006 - 2010 |
Sucesor: No cargo |
Obra
[editar | editar a fonte]Carod-Rovira tamén é autor de diferentes ensaios sobre a política catalá e a identidade nacional de Cataluña:
- Rovira i Virgili i la qüestió nacional (1984).
- Marcel·lí Domiingo, de l'escola a la República (1988).
- Tornar amb la gent (1997).
- Jubilar la transició (1998).
- El futur a les mans (2003).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Josep-Lluís Carod-Rovira |
A Galicitas posúe citas sobre: Josep-Lluís Carod-Rovira |