José Calviño Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Calviño Domínguez
José Calviño Domínguez 1931.jpg
Nome completoJosé Calviño Domínguez
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoLores
Falecemento23 de xaneiro de 1947
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico, procurador e xornalista
PaiClaudio Calviño Cobas
editar datos en Wikidata ]

José Calviño Domínguez, nado en Lores (Meaño) e finado en Madrid o 23 de xaneiro de 1947,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Claudio Calviño Cobas e María Domínguez, e sobriño de José Calviño Cobas. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1913).[2] Foi nomeado Xuíz municipal de Meaño para o período 1918-1922,[3] pero renunciou ao cargo e estableceuse na Coruña como procurador en 1918.[4] Colaborou en Vida Gallega e El Ideal Gallego e na revista Vida e foi correspondente de El Pueblo Gallego na Coruña.[5] Presentouse ás eleccións municipais de 1920 como republicano, pero non foi elixido. Integrou a delegación da Irmandade Nazonalista Galega na Coruña dende a súa fundación en xaneiro de 1923.[6] Militante de Acción Republicana, en 1930 formou parte do Comité Executivo da Federación Republicana Gallega e participou no Pacto de Lestrobe. Coa proclamación da República foi nomeado gobernador civil de Lugo en abril de 1931, pasando en agosto a ser gobernador de Pontevedra e en outubro de Biscaia, onde permaneceu ata setembro de 1932, cando foi nomeado Director xeral de Administración civil (o 17 de setembro de 1932) e posteriormente Director Xeral de Beneficencia (o 6 de maio de 1933), posto do que dimitiu o 19 de setembro de 1933.

Con Ramón Fernández Mato no parque do Hotel Cristina, 1933.

Integrado en Izquierda Republicana, foi elixido deputado do Fronte Popular pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1936. Ao rematar a guerra civil exiliouse en Biarritz (Francia) onde foi detido pola Gestapo ao confundilo con José Calviño Ozores. Retornou a España pola fronteira de Irún, moi enfermo, a principios de xaneiro de 1947.[7] Finou en Madrid o 23 de xaneiro de 1947 e foi soterrado en Lores (Meaño).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Iglesias Babé en 1923, e foi pai de María del Carmen (nacida en 1925) e Dolores Calviño Iglesias (nacida en 1927).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 26-1-1947, p. 4.
  2. El Ideal Gallego, 14-22-1913, p. 3.
  3. El Correo de Galicia, 20-10-1917, p. 2.
  4. El Ideal Gallego, 1-2-1918, p. 3.
  5. El Pueblo Gallego, 29-11-1928, p. 1.
  6. Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte Xerais:Vigo, p. 293
  7. ABC, 12-1-1947, p. 25

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]