Lores, Meaño
| Lores | |
|---|---|
Vista panorámica de Lores | |
| Concello | Meaño[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°25′50″N 8°47′03″O / 42.43055556, -8.78416667 |
| Poboación | 630 hab. (2016) |
| Entidades de poboación | 8[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Miguel de Lores é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Meaño. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 630 habitantes (317 mulleres e 313 homes), un máis que en 2010 e 24 máis que en 2005. Ten oito entidades de poboación, e unha superficie de 3,25 km².
O 21 de marzo celébrase a sonada Romaría de San Benitiño de Lores ou San Benitiño de inverno. Nesta festa quéntase na igrexa unha lámpada de aceite e os fieis mollan nel os seus panos, cos que logo refregan as súas feridas ou manchas na pel, coa esperanza de que curen con este aceite bendito (Turismo Rías Baixas Arquivado 21 de xaneiro de 2025 en Wayback Machine.). O 11 de xullo tamén celebran festa, no chamado San Benitiño de verán.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Lores, Meaño.
-
Relevo no muro da igrexa parroquial.
-
Capela de San Bieito.
-
Fonte da capela de San Bieito.
-
Placa na capela de San Bieito.
-
Lores no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lores
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Lores no concello de Meaño (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Freixeiro | Galiñáns | A Igrexa | A Laxe | Lores | Nantes de Reis | Paradela | Seixomil |