Saltar ao contido

My Name Is Earl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

My Name Is Earl

Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocomedia de situación Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aGreg Garcia Editar o valor en Wikidata
Compositor/aDanny Lux (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aGreg Garcia Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraNational Broadcasting Company Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/a20th Television, Hulu e Disney+ Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalNational Broadcasting Company Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo20 de setembro de 2005 Editar o valor en Wikidata
Remate14 de maio de 2009 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración21 minutos Editar o valor en Wikidata
Episodios96 Editar o valor en Wikidata
Tempadas4 Editar o valor en Wikidata
Premios
Composto por
Contacto
Páxina WEBnbc.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0460091 Allocine: 426 Rottentomatoes: tv/my_name_is_earl Metacritic: tv/my-name-is-earl TV.com: shows/my-name-is-earl
Discogs: 405602 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

My Name Is Earl é unha comedia de situación gañadora dun Premio Emmy, creada por Greg Garcia e producida por Fox. Actualmente emítese a súa terceira temporada pola canle NBC.

Os seus intérpretes principais son Jason Lee, Ethan Suplee, e Jaime Pressly. Lee interpreta a Earl J. Hickey, un delincuente de pouca monta sen respecto nin por nada nin por ninguén, que nada máis gañar $100.000 na lotería, perde o boleto ao ser atropelado por un coche. No tempo de repoñerse no hospital a súa muller faille firmar o divorcio, e é entón cando a través da televisión descobre o karma a raíz dun comentario de Carson Daly no seu programa. O descubrimento do karma, faille reformular a súa vida, á que decide darlle un xiro. Ese xiro materialízase nunha lista na que escribe toda as súas malas accións para intentar enmendalas. Despois dun par de boas accións recupera o seu boleto de lotería premiado. Earl interpreta isto como un sinal de que o karma funciona, así que decide aproveitar a tranquilidade que lle dá o diñeiro que acaba de gañar na lotería para dedicar o seu tempo a emendar as accións da lista, tachándoas unha vez liquidadas. Ao primeiro, a súa lista ten 259 malas accións (no primeiro capítulo xa tacha unha, a número 64), pero ao tempo que avanza a serie vai engadindo malas accións segundo as vai lembrando.

Ethan Suplee interpreta o irmán máis novo de Earl, Randy Hickey, un inxenuo que non foi agraciado con demasiada intelixencia. Pressly interpreta a ex muller de Earl, Joy Darville. Tamén aparecen dentro do elenco Eddie Steeples, que interpreta a Darnell Turner, o novo marido de Joy, amén do pai biolóxico do segundo fillo de Earl, máis coñecido como o Home Caranguexo, e Nadine Velazquez, Catalina Aruca, unha atractiva rapaza da limpeza latinoamericana con moi bo corazón que traballa no motel onde viven os irmáns Hickey.

Concepción

[editar | editar a fonte]

Segundo as entrevistas na primeira edición do DVD (versión estadounidense), a personaxe de Earl está parcialmente inspirada no padrasto do creador da serie, Greg Garcia, tamén chamado Earl. Ao igual que Earl Hickey, o Earl de verdade coñeceu e casou cunha muller que estaba embarazada dun fillo doutro home. Co tempo tamén tivo un segundo fillo cun afroamericano, como fixo Joy na serie. O Earl real estivo involucrado nalgunhas actividades cuestionábeis no pasado, pero finalmente cambiou, como fixo Earl.

García escribiu o episodio piloto mentres traballaba noutra comedia de situación, Yes, Dear. Ao primeiro contactou coa Fox, a cal aprobou a serie. Ao final foi a NBC a que aprobou a realización do piloto condicionado a que se poidese conseguir un elenco de garantías.

Jason Lee foi contactado para a personaxe principal, pero non estaba interesado en traballar para a televisión e rexeitou en dúas ocasións a personaxe, ata que ao final aceptou gravar o episodio piloto despois de le-lo guión. A pesar de que lle gustou o piloto, amosouse indeciso a comprometerse ata que se reuniu con García, o creador da serie.