Zathura: A Space Adventure
| Zathura: A Space Adventure | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||
Zathura: A Space Adventure (ou sinxelamente Zathura) é un filme estadounidense dirixido por Jon Favreau que se estreou no 2005. Baséase no libro de ilustracións Zathura de Chris Van Allsburg, autor de Jumanji.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Cando o seu pai se vai a traballar e quedan ó coidado da súa irmá máis vella, Danny, de seis anos, e Walter, de dez, ou rifan ou se aburren. Durante unha pelexa, Danny agóchase nun pequeno montacargas, e Walter o fai baixar ata o escuro e temido soto. Alí descobre o antigo taboleiro de metal dun xogo de mesa chamado "Zathura"; despois de intentar, sen éxito, que o seu irmán xogue con el, Danny comeza a xogar só. Dende a primeira xogada, Danny decátase de que non é un xogo de mesa normal. A ficha da nave espacial móvese soa e, cando aterra nun espazo, expulsa unha tarxeta que di: "Chuvia de meteoritos", adopta tácticas evasivas”; inmediatamente, sobre a casa, comezan a caer meteoritos fundidos. Cando Danny e Walter ollan a través da fiestra, descobren con que foron lanzados ó profundo espazo, e que non están sós.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Josh Hutcherson como Walter
- Jonah Bobo como Danny
- Dax Shepard como Astronauta/Futuro Walter
- Kristen Stewart como Lisa
- Tim Robbins como o Pai
- John Alexander (Frank Oz, voz) como Robot
- Derek Mears como Lead Zorgon
- Douglas Tait como Head Zorgon
- Jeff Wolfe como Master Zorgon
- Adam Wills como Capitán Zorgon
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web oficial (en inglés)