Chris Van Allsburg
(2011) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de xuño de 1949 East Grand Rapids |
| Educación | Universidade de Míchigan Escola de Deseño de Rhode Island East Grand Rapids High School |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, artista de concepto, ilustrador, debuxante, escritor de ciencia ficción, escritor de literatura infantil, guionista, novelista, artista |
| Empregador | Escola de Deseño de Rhode Island |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| |
| Sitio web | chrisvanallsburg.com |
Chris Van Allsburg, nado o 18 de xuño de 1949 en Grand Rapids, Míchigan, é un escritor e ilustrador estadounidense especializado en literatura infantil. É mundialmente coñecido por ser o autor dos bestsellers The Polar Express, Jumanji e Zathura, os tres adaptados para o cine.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Chris estudou na Escola de Artes da Universidade de Míchigan e obtivo o seu máster na Escola de Deseño de Rhode Island (RISD).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Chris Van Allsburg vive en Providence, Rhode Island, coa súa muller Lisa e dúas fillas; Sofía e Ana.
Carreira
[editar | editar a fonte]Converteuse nun premiado autor de libros infantís, xa no seu primeiro libro, The Garden of Abdul Gasazi, que en 1980 recibiu a Medalla de Honra Caldecott, o mesmo aconteceu en 1982 e 1985, con Jumanji e The Polar Express, respectivamente.
Obra
[editar | editar a fonte]Os seus libros adoitan traer como temática eventos fantásticos, descontrolados e ás veces empregando a crúa ironía. Allsburg escapa do lado inocente e cómodo da literatura infantil e explora o lado máis escuro da natureza humana. Un bo exemplo diso está no seu libro The Sweetest Fig (O figo máis doce), cuxo tema é a historia dun home moi egoísta que de súpeto consegue facer realidade os seus desexos máis salvaxes. A súa cobiza acaba sendo a causa da súa caída -o que non é unha lección moral infrecuente, nos libros infantís-, pero Allsburg consegue dar unha frialdade na caracterización do personaxe que imprime un ton aterrador á narración.
En The Wretched Stone, toda a tripulación dun barco está hipnotizada e controlada pola pedra do título, unha alegoría cruel sobre o efecto negativo da televisión.
O seu tema tamén inclúe os soños, os suburbios ou obxectos que teñen vida propia (como os xogos de mesa de Jumanji e Zathura). Unha presenza constante nos seus libros é Fritz o can.
Libros e ilustracións
[editar | editar a fonte]Varios dos seus libros foron traducidos ao portugués e ao castelán. É coñecido principalmente polas versións cinematográficas da súa obra. Allsburg escribiu ou ilustrou os seguintes libros:
| Nome | Escrito por el | Ilustrado por el | Adaptación cinematográfica |
|---|---|---|---|
| Bad Day at Riverbend | |||
| Ben's Dream | |||
| The Garden of Abdul Gasazi | |||
| Jumanji | |||
| Just a Dream | |||
| The Mysteries of Harris Burdick | |||
| The Polar Express | |||
| The Stranger | |||
| Swan Lake | |||
| The Sweetest Fig | |||
| Two Bad Ants | |||
| The Wreck of the Zephyr | |||
| The Wretched Stone | |||
| The Widow's Broom | |||
| The Z Was Zapped | |||
| Zathura | |||
- Nota: The Mysteries of Harris Burdick, unha colección de libros de Allsburg na que unha páxina contén unha ilustración e a seguinte ten unha frase, supostamente recuperada dunha obra máis grande, está inspirada en Nightmares and Dreamscapes de Stephen King.
- Allsburg tamén foi o ilustrador dalgúns números da serie The Chronicles of Narnia de C. S. Lewis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Resenha, Livro infantil. "Momentum Saga" (en portugués). Consultado o 2023-01-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chris Van Allsburg |
| A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
| A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
- Animación
- Animación por ordenador
- Guión
- Ilustración (deseño gráfico)
- Literatura infantil
- Literatura infantil e xuvenil
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Chris Van Allsburg Arquivado 22 de outubro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés).

