Saltar ao contido

Jon Amil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jon Amil Mateos»)
Modelo:BiografíaJon Amil

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1988 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
Presidente
9 de xullo de 2023 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor en Wikidata
Membro de

Sitio webamil.gal Editar o valor en Wikidata
Twitter: AmilGZ Instagram: amilgz Bluesky: amil.gal Youtube: UC3Klfc7hbTUb4woQW1IOlgw TikTok: amilgz Editar o valor en Wikidata

Jon Amil Mateos, máis coñecido simplemente como Jon Amil, nado en Vigo o 17 de maio de 1988, é un médico e activista lingüístico galego. Está ligado ao movemento reintegracionista, e desde xullo de 2023 ocupa o posto de presidente da AGAL.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De nai vasca e pai galego, viviu a súa infancia e adolescencia en Vigo.[1] Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 2007 fundou, xunto con máis estudantes, a Asemblea Libre de Estudantes de Medicina (ALEM), da cal foi o primeiro valedor.[2] En 2013 iniciou a publicación dun blog: As MIR e unha noites, no que narraba as súas desventuras no estudo do exame do MIR (Médico Interno Residente) e co que acadou sona nas redes sociais galegas.[3] Rematada a carreira emigrou ao País Vasco, onde traballou nun centro de recoñecementos médicos.[4][5] De 2016 a 2023 formou parte do Conselho da AGAL e xestionou a conta de Twitter @emgalego,[6] o seu consultorio lingüístico.[7]

O 9 de xullo de 2023 asumiu a presidencia da AGAL en substitución do filólogo Eduardo Maragoto.[8]

Activismo lingüístico

[editar | editar a fonte]
Entrevista a Jon Amil en Nós TV.

Malia ter participado en diferentes campañas e iniciativas pola lingua, foi a partir da súa entrada na AGAL cando comezou a gañar notoriedade como unha das caras visibles do reintegracionismo. En decembro de 2015 creou o proxecto de divulgación lingüística @emgalego,[9] que comezou como un consultorio lingüístico no Twitter, pero acabou estendéndose por outras redes sociais, chegando mesmo a facer colaboracións puntuais con outras iniciativas como o Dígocho eu.[10] Levou o proxecto en solitario ata o ano 2023, en que foi substituído por Juan Antelo.

En xullo de 2023 foi elixido como presidente da AGAL, tendo como eixos do seu proxecto a mocidade e a infancia,[11] o feminismo e o colectivo LGBT+. En 2024 conseguiu que a AGAL fose aceptada na CPLP co status de observador consultivo.

Actualmente, Jon Amil é tamén membro de varias comisións de traballo da CPLP[12] e vogal do Observatorio da Lusofonia Valentín Paz Andrade, organismo da Xunta de Galicia para as relacións cos países de lingua portuguesa.

Divulgación de videoxogos

[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, Jon Amil ten participado en varios proxectos e foros dedicados á divulgación do videoxogo en xeral, e do videoxogo en galego en particular.[13]

Memoria Pixelada

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Memoria Pixelada.

No 4 de agosto de 2010 incorporouse ao equipo de Memoria Pixelada, o primeiro sitio web sobre videoxogos publicado integramente en galego, creado por Juan Salgado un ano antes. Durante o tempo que durou o proxecto, publicou 227 artigos,[14] e encargouse das retransmisións anuais en galego de eventos importantes, como o E3 ou os varios Nintendo Direct.

Recuncho Gamer

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Recuncho Gamer.
Jon Amil no Recuncho Gamer Podcast

Actualmente fai parte do equipo do Recuncho Gamer, proxecto audiovisual creado en 2020 por Iago Gordillo co obxectivo de difundir, en galego, a cultura dos videoxogos. Dentro do proxecto é un colaborador activo do Recuncho Gamer Podcast,[15] e co-creador dos podcasts Outeiro Verde[16] e Ditto Isto. Ademais, foi un dos responsables da creación de Xogalego,[17] o catálogo online dos videoxogos que contan con localización en galego.

Tamén é guionista e presentador do programa de televisión Xogando en galego, producido polo Recuncho Gamer para a Televisión de Galicia.[18]

Outros proxectos na rede

[editar | editar a fonte]

A súa actividade na Internet galega comezou en 2007, coa creación dunha web de fans do Xabarín Club chamada Xeración Xabarín,[19] que estivo activa ata marzo de 2013, cando tivo que pechar por indicación da CRTVG.[20] En 2013 comezou o seu blog As MIR e unha noites,[21] o que foi o seu proxecto máis grande ata o momento.

En 2020 gañou os Premios do Galituiter,[22] un certame autoorganizado pola comunidade galega do Twitter, e que lle outorgou o título non oficial de presidente do Galituiter durante o ano 2021.[23]

Tamén é co-creador doutro podcast dedicado á serie Doutor Who, chamado Gallifrey Ceive,[24] que foi finalista do Premio Pioneiro do concurso Youtubeir@s.[25]

Libros colectivos

[editar | editar a fonte]

Conferencias

[editar | editar a fonte]
  • PROPOR24 - E se... já soubesses português sem te decatar?. CiTIUS. 2024.[27]
  • O futuro da língua está na lusofonia. RECLAM. 2025.[28]
  • A nossa língua no mundo. Informe Nós no Mundo, pág. 33. IGADI. 2026.[29]
  1. ↑ "Jon Amil: «A melhor maneira de defender o galego é usando-o»". pgl.gal. 2 de decembro de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2023.
  2. ↑ "ALEM". asemblealibre.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2011. Consultado o 2026-02-04.
  3. ↑ "Quen son?". As MIR e unha noites. Consultado o 2023-07-01.
  4. ↑ "#HistoriasPsicotécnicas: O home que xa vía ben". asmireunhanoites.com. 2016-12-28. Consultado o 2023-10-20.
  5. ↑ "Jon Amil: “A AGAL tem que encontrar o seu papel também fora do campo cultural galego, tem que ser uma referência para a sociedade galega no seu conjunto” - PGL". pgl.gal. 2023-07-12. Consultado o 2023-07-18.
  6. ↑ "@emgalego". twitter.com. Consultado o 18 de xullo de 2023.
  7. ↑ "Conselho da AGAL - Associaçom Galega da Língua" |url= incorrecto (Axuda). Associaçom Galega da Língua. Consultado o 2023-07-01.
  8. ↑ "Uma nova equipa assume a direção da AGAL". pgl.gal. 2023-07-09. Consultado o 2023-07-09.
  9. ↑ "AGAL lança @emgalego, um consultório lingüístico no Twitter". pgl.gal. 2015-12-21. Consultado o 2023-10-20.
  10. ↑ "#ApuntamentoLusófono 43 Acentuación e Jon Amil #DígochoEu". pgl.gal. 2022-05-28. Consultado o 2023-10-20.
  11. ↑ "Jon Amil, presidente da Associaçom Galega da Língua: "Devemos incidir de jeito específico na infância e na mocidade, os setores mais desgaleguizados"". Nós Diario. 15/07/2023. Consultado o 16 de xaneiro de 2026.
  12. ↑ "AGAL participa na última reunião da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP)". pgl.gal. 2024-12-03. Consultado o 2026-03-07.
  13. ↑ "Jon Amil en DeVuego.gal, a base de datos do videoxogo galego". devuego.gal. Consultado o 2026-09-05.
  14. ↑ Acerca de nós Arquivado 15 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. en Memoria Pixelada
  15. ↑ "Recuncho Gamer Podcast en Podgalego". Podgalego. Consultado o 13/01/2026.
  16. ↑ "Outeiro Verde en Podgalego". Podgalego. Consultado o 13/01/2026.
  17. ↑ "Abre 'Xogalego', un novo catálogo para atopar en liña videoxogos en galego". Nós Diario. Consultado o 13/01/2026.
  18. ↑ "Xogando en galego en AGalega". AGalega. Consultado o 13/01/2026.
  19. ↑ "A potencia da 'Xeración Xabarín'". Praza Pública. 2013/03/15. Consultado o 2023-10-20.
  20. ↑ "Pecha unha web de fans do Xabarín Club por indicación da CRTVG". Praza Pública. 2013/03/06. Consultado o 2023-10-20.
  21. ↑ "Día 1: Estala o duelo". As MIR e unha noites. Consultado o 2023-10-20.
  22. ↑ "Moitísimos parabéns a @GalizardQueen que safa o ano que vén de montar o Galituiter 2021, e o noso pésame a @AmilGZ, GAÑADOR DO GALITUITER 2020!!!!!!". twitter.com. 2020-12-31. Consultado o 2023-10-20.
  23. ↑ "Os grandes de Tik Tok e Youtube en galego danse cita nun coloquio en Carballo". galiciaconfidencial.com. 2021-08-09. Consultado o 2023-10-20.
  24. ↑ "Gallifrey Ceive en Podgalego". podgalego.agora.gal. Consultado o 2023-10-20.
  25. ↑ "Palmarés do concurso Youtubeir@s". youtubeiras.gal. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2023. Consultado o 2023-10-20.
  26. ↑ "Índice de Remédios para o galego" (PDF). Através Editora. Consultado o 2026-02-04.
  27. ↑ "Conferencia: 'PROPOR24 - E se... já soubesses português sem te decatar?'". CiTIUS. Consultado o 2026-03-07.
  28. ↑ "Voix audibles, langues invisibilisées: quelles reconnaissances et catégorisations pour les langues minor(is)ées dans le monde?". RECLAM – REconnaissance et Catégorisation des LAngues Minor(is)ées. Consultado o 2026-03-07.
  29. ↑ "Nós no Mundo 2026 - Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable". Consultado o 2026-06-04.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]