Memoria Pixelada
| Memoria Pixelada | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Memoria Pixelada foi un sitio web en galego de actualidade e análises sobre o mundo dos videoxogos. Comezou a súa andaina o 5 de abril de 2009[1] cun artigo dedicado ao Beyond Good and Evil 2[2] e finalizou o 12 de xuño de 2015[3] cun artigo de despedida.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Memoria Pixelada comezou no 5 de abril de 2009 como un proxecto persoal de Juan Salgado (Skaltum)[5], sen máis ambición que a de ser un blog persoal sobre videoxogos. Un ano máis tarde, no 4 de agosto de 2010, xuntouse a el o primeiro colaborador, Jon Amil (AmilGZ),[6] seguido de NetOverflow no 1 de febreiro de 2011.[7] Aí foi cando o proxecto realmente tomou folgos e se tornou en algo máis ambicioso, chegando a contar no seu final cun equipo de cinco redactores, como Agos Reigosa ou nach; sete colaboradores habituais, Carlos Carreira ou manudebroco; e varios colaboradores puntuais.[8]
A web contou cun total de 3 deseños. O primeiro deles tivo lugar durante a súa fase de probas no servizo de aloxamentos Blogger. O segundo deles coincidiu co paso a un novo aloxamento web na nube da Dinahosting, que desde entón sería patrocinador dela. Posteriormente, pouco antes do cuarto aniversario, Memoria Pixelada sufriu o seu terceiro e maior redeseño, o cal se mantivo até o seu final.[9][10][11]
Alén da web, o equipo de Memoria Pixelada ten colaborado eventualmente no programa Banda Ancha da Radio Galega.[12]
Redes sociais e comunidade
[editar | editar a fonte]Memoria Pixelada apostou firmemente polas redes sociais. Contaba con perfís activos no Facebook e Twitter, unha canle no Youtube onde publicaban gameplays e outra no Twitch para as emisións ao vivo. Tamén, desde 2011, viñan retransmitindo e comentando as principais conferencias do E3 cada ano a través do Twitter.[13]
A web tamén ten apoiado activamente iniciativas como Android en galego[14] (campaña para reivindicar unha versión en galego do sistema operativo Android) ou 21 días co galego[15] do IES da Pobra do Caramiñal.
Cada ano, como tradición e modo de apoiar a recuperación do día dos enganos, publicaban unha nova falsa no 1 de abril.
Legado
[editar | editar a fonte]Despois da súa desaparición, varias das persoas que integraban o equipo continuaron o seu traballo noutros espazos, promovendo proxectos como Canto Ghalpón[16] ou Recuncho Gamer. Tamén foi unha influencia para proxectos como a Revista Morcego.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández, Marcus. "Novo blogue en galego sobre videoxogos". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2026-01-18.
- ↑ "Beyond Good & Evil 2:novos datos". memoriapixelada.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2022. Consultado o 2026-01-18.
- ↑ Fernández, Marcus. "O blog sobre videoxogos Memoria Pixelada di adeus tras 6 anos". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2026-01-18.
- ↑ "Adeus, Memoria Pixelada!". memoriapixelada.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2022. Consultado o 2026-01-18.
- ↑ Marcus (2009-05-03). "Memoria Pixelada, novo blogue en galego sobre o mundo dos videoxogos". Marcus.gal. Consultado o 2026-01-18.
- ↑ "Sonic the Hedgehog (MD)". memoriapixelada.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2022. Consultado o 2026-01-18.
- ↑ "Duke Nukem Forever, por fin???". memoriapixelada.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2022. Consultado o 2026-01-18.
- ↑ Acerca de nós Arquivado 15 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. en Memoria Pixelada
- ↑ "Memoria Pixelada cumpre catro anos renovando web". cronica3.com. 2013-02-21. Consultado o 2026-01-18.
- ↑ Sarasketa, Fernando. "Memoria Pixelada presenta o resultado do seu terceiro gran redeseño". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2026-01-18.
- ↑ "Memoria Pixelada 3.0". memoriapixelada.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2022. Consultado o 2026-01-18.
- ↑ "AGalegaAudio". AGalegaAudio. Consultado o 2026-01-18.
- ↑ Retransmisión vía Twitter do #NintE3ndo no Facebook
- ↑ "Entidades que apoian". androidengalego.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2015. Consultado o 2026-01-18.
- ↑ Día 6 na campaña 21 días co galego
- ↑ "@CantoGhalpon e @RecunchoGamer unidos pola #SantaFerrenha, foliada fermosísima onde as haxa. Un pracer atoparme con esta persoa que admiro dende os seus inicios, se eu aínda teño a @MemoriaPixelada 😝. Moita forza para todas as persoas que crean contido en galego.". Canto Ghalpón. Consultado o 18/01/2026.
- ↑ "“Mario Bros é tan coñecido como Harry Potter”". Nós Diario. Consultado o 18/01/2026.