Peter Gustav Lejeune Dirichlet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Johann Peter Gustav Lejeune Dirichlet»)
Peter Gustav Lejeune Dirichlet
Nacemento13 de febreiro de 1805
Lugar de nacementoDüren
Falecemento5 de maio de 1859
Lugar de falecementoGotinga
SoterradoGotinga
NacionalidadeAlemaña
Alma máterRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Ocupaciónmatemático e profesor universitario
CónxuxeRebecka Mendelssohn
Coñecido porlist of things named after Gustav Lejeune Dirichlet
PremiosOrde do Mérito das Ciencias e as Artes, Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte, Foreign Member of the Royal Society e Pour le Mérite
Na rede
WikiTree: Dirichlet-1
editar datos en Wikidata ]

Johann Peter Gustav Lejeune Dirichlet, nado en Düren o 13 de febreiro de 1805 e finado en Gotinga o 5 de maio de 1859, foi un matemático alemán ao que se lle atribúe a definición "formal" moderna dunha función.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia era natural da vila de Richelet en Bélxica, de onde o seu apelido "Lejeune Dirichlet" ("lle jeune de Richelet" = "o mozo de Richelet") derivou, e ese era o lugar onde viviu o seu avó. Dirichlet naceu en Düren, onde o seu pai era o xefe da oficina de correos. Foi educado en Alemaña, e despois en Francia, onde aprendeu de moitos dos máis matemáticos de renome do seu tempo, relacionándose con algúns como Fourier. Tras graduarse, foi profesor nas universidades de Breslau (1826-1828), Berlín (1828-1855) e Gotinga, onde ocupou a cátedra deixada por Gauss tras a súa morte.

As súas achegas máis relevantes centráronse no campo da teoría de números, prestando especial atención ao estudo das series, e desenvolveu a teoría das series de Fourier. A súa primeira publicación comprendeu unha demostración particular do teorema de Fermat, para o caso n=5, que tamén foi completada por Adrien-Marie Legendre, un dos seus revisores. Dirichlet completou a súa propia proba case ao mesmo tempo; máis adiante completou tamén a proba para n=14. Aplicou as funcións analíticas ao cálculo de problemas aritméticos e estableceu criterios de converxencia para as series. No campo da análise matemática perfeccionou a definición e concepto de función, e en mecánica teórica centrouse no estudo do equilibrio de sistemas e no concepto de potencial newtoniano.

Casou con Rebecka Mendelssohn, que viña dunha distinguida familia de xudeus conversos. Era a neta do filósofo Moses Mendelssohn, filla de Abraham Mendelssohn Bartholdy e irmá do compositor Felix Mendelssohn Bartholdy.

Foron estudantes seus Ferdinand Eisenstein, Leopold Kronecker e Rudolf Lipschitz. Tras a morte de Dirichlet, o seu amigo e colega matemático Richard Dedekind recompilou, editou e publicou as súas leccións e outros resultados en teoría de números baixo o título Vorlesungen über Zahlentheorie (Leccións sobre Teoría de Números).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.