Os membros dunha pequena comunidade rural de Covington, Pensilvania, viven aterrados debido a unhas descoñecidas criaturas que habitan nos bosques circundantes. Varias regras que non deben ser quebrantadas fan o asunto aínda máis misterioso: evitar que vexan a cor vermella porque os atrae, manterse afastados do bosque porque alí agardan agochados a chegada de alguén, e o máis importante, obedecer a campá de alerta, xa que é o sinal de que veñen.