Despois da súa estrea nos cines dos Estados Unidos o 2 de agosto de 2002, o filme recadou $227 966 634. Gañou $180 281 283 máis a través da estrea internacional do filme, conseguindo un total de $408 247 917. Considerando o seu orzamento de $72 millóns, foi considerado un grande éxito financeiro, ademais de ter unha boa acollida por parte da crítica, que eloxiou a atmosfera e a historia. O filme foi nomeado a numerosos premios, incluíndo o da Sociedade de Críticos de Cine en Liña e os Premios Empire.
Graham Hess (Mel Gibson) é un pastor protestante que vive cos seus dous fillos (Rory Culkin e Abigail Breslin), e co seu irmán Merrill (Joaquin Phoenix), unha antiga estrela do béisbol que traballa nunha gasolineira. Despois da morte da súa muller nun accidente de tráfico, Graham perde a fe e, en consecuencia, abandona ós seus fregueses. Unha boa mañá, ó espertar, decátase de que os seus fillos non están na casa e que os cans non deixan de ladrar. Atópaos nos campos de millo que rodean a súa granxa, onde os nenos fixeron un descubrimento aterrecedor: un misterioso debuxo de círculos e liñas de máis de 150 metros de lonxitude apareceron nos campos de millo inexplicablemente.