Jesús María Satrústegui
Satrústegui | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jesús María Satrústegui Azpiroz | ||
Nacemento | 12 de xaneiro de 1954 (70 anos) | ||
Lugar de nacemento | Pamplona | ||
Altura | 1,78 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
CD Pamplona | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1971–1973 | San Sebastián | ||
1973–1986 | Real Sociedad | 374 | (162) |
Selección nacional | |||
1975-1982 | España | 32 | (8) |
Euskadi | |||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Jesús María Satrústegui Azpiroz, nado o 12 de xaneiro de 1954 en Iruña é un exfutbolista navarro que xogaba na demarcación de dianteiro. Foi internacional coa Selección de fútbol de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar na súa cidade natal no CD Pamplona e con 17 anos ficha pola Real Sociedad. Nun principio comeza xogando no Sanse, o filial do club, debutando en 1971 en Terceira División. Tras dúas tempadas no filial pasou ao primeiro equipo co que debutou o 8 de setembro de 1973 ante o Real Murcia.
Satrústegui militou na Real Sociedad 13 tempadas, ata a súa retirada en 1986, xogou co equipo donostiarra 374 encontros oficiais anotando 162 goles, números que o converten no máximo goleador da historia do club.
Viviu os anos dourados da Real Sociedad, logrando o subcampionato de Liga na tempada 1979/80 e o título nas tempadas 1980/81 e 1981/82, tamén gañou a Supercopa de España en 1982. Compartiu esta gran xeración con xogadores coma Luis Miguel Arconada, Jesús María Zamora ou Roberto López Ufarte.
Por desgraza unha grave lesión de menisco e ligamentos cruzados a comezos da tempada 1982/83 deixarono no dique seco case dous anos, trala súa volta mantivose no equipo dous anos máis con números moi discretos e en 1986 anunciou a súa retirada. O seu lugar no equipo ocupariao un xóven dianteiro José Mari Bakero.
Coas seleccións de fútbol
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa Selección de fútbol de España en 32 ocasións, anotando 8 goles. Debutou en Bucarest o 16 de novembro de 1975, deixando o combinado tralo pobre papel do equipo no Mundial de Fútbol España 1982.
Tamén foi internacional coa Selección de fútbol de Euskadi.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Liga | Real Sociedad | España | 1981 |
Liga | Real Sociedad | España | 1982 |
Supercopa | Real Sociedad | España | 1982 |